Desenrolado por coroa.es
Ante a información publicada en diversos medios de comunicación o venres día 8 dexaneiro, encol da “continuidade do Grumir” consideramos que debemos aclarar cal é a situación actual, sobre todo para que a poboación do Carballiño e da súa comarca saiba con que recursos conta neste momento de cara as emerxencias.Entre o día 30 e o 31 de decembro do pasado ano, rematou o contrato laboral dos quince traballadores do Grumir. Evidentemente, a preocupación de tódolos compoñentes do Servicio era importante e xustificada dado que, hasta última hora da mañá a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior non lle había comunicado o Concelloo que ía a pasar con este Grupo. Para maior inquedanza do persoal, a información
circulante polos “mentideiros” era que se ía a aplicar o Pacto Local, reducindo onúmero de integrantes do Grumir que pasaría de 15 a 12 traballadores.Posteriormente recíbese un Fax da Delegación Territorial da Xunta en Ourense,comunicando que as cousas ían a continuar como ata agora. Sin embargo, a realidade, que creemos que debe coñecer o pobo do Carballiño é que,ata o de agora, tan sólo se lle renovou o contrato a tres dos quince membros do Grumire, segundo a información facilitada pola Xunta de Galicia, ós doce restantes non secontratarán, polo menos, ata marzo. Nunha xuntanza celebrada a tarde do día 30 de decembro, as/os doce traballadoras/es do Grumir os que non se lles renovou o contrato, e a petición do Alcalde, decidiron
seguir facendo gardas (na medida das súas posibilidades) voluntarias, para non abandoar a súa sorte a xente do Carballiño e para intervir exclusivamente nas emerxencias que se poidan producir ata que volvan a ser contratados. Polo tanto, o que se dí na información publicada o referido día 8 non é correcto e pode
inducir a pensar o pobo do Carballiño que segue a ter os mesmos niveis de seguridadeque fai unhos días o cal, e pese os esforzos de todas e todo-l os integrantes do Grumir non é tampouco certo por razons obvias.
Dende o Grumir do Carballiño, esiximos, dunha vez por todas, a estabilidade laboral dun servicio esencial como é o Grumir e o seu traballo de atención as emerxencias.
Carballiño, a 9 de xaneiro de 2010.
Os membros do Grumir do Carballiño:
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/aclaracións-do-grumir-do-carballiño
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/aclaracións-do-grumir-do-carballiño
[3] whatsapp://send?text=Aclaracións do Grumir do Carballiño http://copecarballino.es/denunciacidada/aclaracións-do-grumir-do-carballiño
[4] https://copecarballino.es/print/41362