Desenrolado por coroa.es
Xa levávamos unha temporada tranquilos sen rebentóns nas canlizacións da auga da nosa vila e mira ti por onde hoxe mesmo en torno ás 7:30 máis ou menos as tuberías do abastecemento de auga do Carballiño sufriron un novo reventón na rúa que baixa dende a praza dos Irmáns Prieto á rúa Principal o que provocou que desta rotura saíra auga en abundancia que axiña non tardou en formar un regato que discorreu pola rúa Mosquera abaixo ata a altura da praza de Emilia Pardo Bazán. Ó dito debemos de engadir o alcantrillado desta rúa a duras penas foi capaz de absorver a auga debido a que os sumidoiros estaba atascado. Afortunadamente ós poucos minutos de comenzar a riada se personaron os efectivos de Augagest e da Policia Local, así como o concellal Dacal que supoño tomaría boa nota para que novos reventóns non volvan comberter a rúa Principal nun río.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/outro-reventón-na-canalización-da-auga
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/outro-reventón-na-canalización-da-auga
[3] whatsapp://send?text=Outro reventón na canalización da auga http://copecarballino.es/denunciacidada/outro-reventón-na-canalización-da-auga
[4] https://copecarballino.es/print/41393