Desenrolado por coroa.es
Venres 4 de xuño, 12,45 da mañá.
Radar camuflado da Garda civil na saida de Dacón en dirección a Maside no límite xusto da señal limitadora de 50km/h. Ou sexa, entre a derradeira casa de Dacon e a nave de Maderas Carrete, xusto o punto en donde os
conductores aceleran por verse xa fora do casco urban de Dacón. A mesma hora outro radar, neste caso da policía local colocado na avenida da estación do tren do Carballiño que casualmente tamen está límitada a
50km. Non vou a intentar convencer a nadie de si os radares se poñen con intención recaudadora ou si a intención e por contra de millorar a seguridade víal. Todos sabemos a resposta correcta.
Entre estes dous puntos; Dacon e o Carballiño existe sin embargo un punto oscuro (que non “negro”, que tamen) donde a seguridade vial é claramente violada desde fai moitos anos coa colaboura dos concellos de Maside e Carballiño, así como coa participación ou deixadez da Garda Civil.
Falo do poboado xitano da Fontela. Coches aparcados encima da acera en pleno vial de acceso a vía rápida do Ribeiro, basura por todo o contorno de este vial, desde colchós hasta neumáticos pasando por todo tipo de roupa vella. Chabolas que sigen crecento ata o infinito. A última e unha montada sobre o recheo de hormigon que lles regalou o alcalde de Maside (cos nosos cartos, claro) e que sirve para amontoar a leña que van cortando na própia carretera nacional día si e día non. Camións que aparcan en plena curva invadindo parte da calzada para cargar a chatarra que acumulan de calqueira maneira neste sítio. Camión que nin xiquera pon unha señal de precaución advertindo de estas labores. Tamen como non, cans de todas as razas (canto mais perigrosas mellor) ceibes polos arredores para impedir coa sua presenza o libre circular dos peatons polos arredores que advertidos xa de varios incidentes tratan de dar a volta por outros sítios ou en todo caso, pasar en coche antes que facelo a pé. Mentras todo esto ocurre na Fontela as nosas autoridades fan a vista gorda e dedicanse a esquilmar o bolsillo dos conductores por cousas tan nímias como pasar a mais de 50 por hora por estes dous puntos tan fátidicos para os veciños de Carballiño e Dacón. Que non digo que non teñan que tir un
límite, pero creo que o da Fontela e sangrante tanto polo feito como por que leve así toda a vida sin que se lle poña freno.
Para cando un radar para os nosos políticos...! Acaso o da Fontela non é
merecente...! Acaso ter o cruce da casa azul meses sin semáforos non é de
carcel...!
Un veciño farto.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/radares-recadación-ou-seguridade-vial
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/radares-recadación-ou-seguridade-vial
[3] whatsapp://send?text=Radares: Recadación ou seguridade vial. http://copecarballino.es/denunciacidada/radares-recadación-ou-seguridade-vial
[4] https://copecarballino.es/print/41416