Desenrolado por coroa.es
Se un forasteiro pasa polo Carballiño a mediodía e sintoniza a radio do seu
coche é moi probable que capte a emisión da COPE, e se coincide que esté
falando Cipriano Caamaño pasará un rato divertido creendo que está a
escoitar unha parodia de Moncho Borrajo, pero a realidade supera á ficción
e a quen realmente estará escoitando será ó alcalde de Boborás falando en
serio. Sería de risa se se tratara dunha comedia, pero trátase dun drama.
O caso deste home e do seu concello sería obxecto dun estudo
multidisciplinar. Terían que intervir sociólogos, sicólogos (poida que un
psiquiatra), politólogos e ata algún antropólogo para desentrañar a
realidade social deste municipio rural e a actuación do seu representante.
O primeiro que chama a atención ó escoitar falar a Cipriano é a sua
soberbia. ¡Ves!, tamén tería cabida no estudo un ministro da Igrexa xa que
a soberbia é un pecado capital, o pecado por antonomasia xa que, según a
Biblia, é o primeiro que cometeu o home e é, precisamente, o pai doutros
grandes defectos característicos da persoalidade de Cipriano, como veremos a
continuación.
Ademáis, a pouco que o observemos, veremos que non é o único no que cae:
tamén adoita pecar de ira e sábese que aínda hai outros, pero éstes
pertenecen ó seu ámbito privado e non nos interesan a nós.
Cipriano non ten avoa e gábase a sí mesmo. Adoita decir que él é o
único, o non vai máis, o mellor posible, o gobernante máis capaz, o máis
preparado e que se hai problemas é por causas alleas á sua impecable
xestión. E suliña que, como consecuencia, elección tras elección é o
candidato máis votado, que non hai quen se lle achegue e alardea de gañar
sen ter que facer sequera campaña. Pero o seu razoamento é falso. Ser o
máis votado non é sinónimo de ser o mellor. Anque pareza unha
perogrullada, o máis votado é, simplemente, o que ten máis votos. Para ser
o mellor hai que demostralo pondo sobre a mesa logros, conquistas, adiantos,
melloras ... E, desgraciadamente, desto en Boborás hai ben pouco. O futuro
é máis negro que incerto. A esperanza hai tempo que se perdeu. De ilusión
non hai nen rastro. O máis salientable en Boborás é o seu declive en
todo-los eidos e a sua demostración máis palpable é o vertixinoso descenso
da poboación.
A farmacéutica de Boborás dí que so vende cueiros para a incontinencia de
adultos, que a venda dos de nenos é case que inexistente. No Concello
replican que, como é da oposición, minte e que a política de incentivos á
natalidade que practican fai que as parellas se entusiasmen e se poñan a
procrear ata os que xa tiñan esquecido como se facía. Pero, bromas aparte,
a realidade é moi terca e os números cantan. O Padrón Municipal do 1981
indicaba unha cifra de 5.113 habitantes, o do 2000 de 3.462 e o do 2009 de
3.001 habitantes, é decir, un descenso do 59 % en 28 anos e un 13,3 % nos
últimos 10. As campás das igrexas das 15 parroquias de Boborás só tocan a
difunto mentras que a gardería infantil se enche con nenos de outros
concellos. A Agrupación Escolar pode que non tarde en pechar.
Certamente, esta situación non é responsabilidade directa de Cipriano e
encaixa perfectamente no marco da desfeita da Galicia interior na segunda
metade do século XX e da precariedade orzamentaria dos concellos pequenos,
pero é responsabilidade do goberno municipal intentar, ó menos, invertir
esta tendencia. Algús consígueno; velaí o caso paradigmático de Allaríz,
antaño esmorecendo e onde o censo medróu nestes últimos 9 anos un 13,65 %;
e consígueno aportando ideas, iniciativas, proxectos, traballo e ilusión.
Mais nada desto porta Cipriano nas suas alforxas. O seu é o parcheado, o
cementado de camiños, o “póñoche un punto de luz onde me pides e, como
é de ben nacidos ser agradecidos, xa actuarás en consecuencia...”, a
creación de inútiles áreas recreativas que non disfrutará ninguén e
ficarán comestas polas silvas, subencionadas con fondos europeos (se os
obreiros alemáns souberan como empregan os cartos froito do seu traballo os
políticos galegos, virían aquí e correríanos a paus), un “imos tirando
como podemos”, un “fago aquí, fago alí” sen orde nen concerto nen
planificación; pero un proxecto serio de cara a invertir a situación e que
permita mirar ó futuro xa non con optimismo senón, ó menos, cunha miga de
esperanza, no se lle coñece.
E, falando de puntos de luz, vénseme á memoria unha das polémicas que
máis ten dado que falar nos últimos tempos. Cóntoa, máis que nada, como
anécdota pois a sua importancia non a leva alén, pero é representativa da
forma de actuar do alcalde.
Cipriano, con tal de situarse á esquerda da ala máis progresista do seu
partido, nada máis que para aparentar, por suposto, apúntase a un
bombardeo; daí as suas frecuentemente polémicas declaracións e tomas de
postura sobre, por exemplo, o tema da natalidade ou o da píldora do día
despois ou, neste caso, do aforro enerxético. Non sei no que quedou
finalmente o conto, pero o caso é que para aforrar electricicidade Cipriano
estaba disposto a apagar a metade das farolas do concello de Boborás, medida
contra a que se manifestaba a oposición e moitos dos veciños, que temían
quedar ás escuras. Defendendo a sua postura, Cipriano decía que só se iban
a apagar as farolas innecesarias. E, velaí como, inconscentemente, coa sua
argumentación está confesando o seu pecado: se hai farolas innecesarias é,
precisamente, porque no seu día se puxeron sen necesidade nin
planificación, pode que contentando a simpatizantes e non, coma debera ser,
aplicando un criterio lóxico e de eficiencia. E él é o único culpable.
Mentras esto se discute, alí está a igrexa de Xuvencos, soia no medio do
monte e profusamente iluminada por potentes reflectores ata ven entrada a
madrugada, alumeándolle ás ánimas.
O concello de Boborás está estancado no marasmo. E non só non se navega
senon que se desfonda o barco. Ademáis de non facer nada novo tampouco se
mantén o pouco feito. Para mostra, un botón: o seu buque insignia, Pazos de
Arenteiro, está varado. As actuacións que alí se levaron a cabo hai xa
¿cantos anos? para convertilo en motor do turismo local non serviron para
nada. Todo o que se fixo permanece no olvido, no abandono e, xa, de novo na
ruína. O único que, ó fin, se aproveitóu foi a casa rectoral e aínda que
a sua concesión ofreza dúbidas e máis semelle destinada ó disfrute
particular dos adxudicatarios que ó uso pro que foi restaurada, ó menos
utilízase para algo.
Cipriano é especialmente sensible con este tema e encanto alguén llo menta
salta coma unha fera pondo a parir ó interlocutor e aducindo unha ringleira
de razóns para xustificar a desfeita, entre elas a tan socorrida de falla de
cartos. Pero non paga a pena discutir con íl. O que o queira ver só ten que
ir alí e velo.
Se non abonda con esta mostra pódese ofrecer outra: Boborás participa na
Mancomunidade Turística Terras do Avia xunto cos concellos do Carballiño,
Leiro e Ribadavia. É éste un organismo creado para a dinamización
turística dos concellos asociados; un deses chiringos subencionados con
fondos europeos cos que se retroalimentan, se autopublicitan –hai que
aparecer moito nos papeis para que dé a impresión de que se está a facer
algo- se dinamizan os bolsillos de algús espabilados e, co sobrante, faise
algunha que outra obra. Con todo, a Mancomunidade Turística deseñou,
arranxou e puxo en condicións de uso unha rede de camiños, ó redor de 27
km, que poderían ser polo de atracción para os amantes do sendeirismo.
Plasmaron todo nuns moi bonitos trípticos publicitarios e alá se foron a
Madrid, a vender a atracción en FITUR. Non sei se conseguiron captar a
moitos potenciais visitantes pero seguro que se convenceron a algún, éste
levarase un gran chasco cando vaia a Boborás pois descubrirá que a senda
pola que pretende camiñar só existe sobre o papel. Na realidade, o abandono
fixo que fora de novo engulida pola maleza de xeito que moitos dos seus
tramos son intransitables ou están prácticamente desaparecidos. Nos
transitables desapareceron en moitos puntos os fitos que sinalan o sendeiro e
é moi fácil perderse. En contraste, os tramos que discorren por terras dos
outros tres concellos atópanse en condicións boas ou aceptábeis.
Mención especial merece a xoia da coroa dos sendeiros de Boborás: o que
leva de Pazos de Arenteiro ó Pozo dos Fumes e que, probablemente, sexa o
máis transitado da rede. O camiño vai pegado ó longo de todo o seu
percorrido á beira do río e o seu peculiar trazado fixo que se construíran
pasarelas de madeira para salvar treitos doutro xeito imposibles. O problema
destes tramos ven de raíz: non se empregaron madeiras adecuadamente tratadas
para soportar a intemperie. O resultado é que as papeleiras, mesas e bancos
que foron chantados ó pé do camiño hai tempo que podreceron pola base e xa
foron parar ó río. O grave é que o mesmo está a suceder coas propias
pasarelas. Hai puntos en que as táboas do piso están soltas, podres, rotas
ou xa desapareceron, o mesmo que sucede cos varandáis da balaustrada.
Circular por alí entraña certamente un perigro e hai que ir cos ollos ben
abertos para evitar un accidente.
Non hai moito escoitabamos a Cipriano na COPE respondendo a unhas
declaracións dos concelleiros do BNG de Boborás nas que denunciaban esta
situación. Despois dos preceptivos insultos e das consabidas xustificacións
aseguróu que xa estaba mans á obra e que en breve solucionaría as
deficiencias nas pasarelas do camiño. Máis vale que se dé presa, senón o
máis prudente sería pechar o paso ós viandantes antes de ter que lamentar
unha desgracia.
Poderíanse encher folios relatando casos como os anteriores e denunciando
eivas na xestión do concello de Boborás pero do que trato eiquí é de
analizar a persoalidade do seu alcalde.
Como decía ó principio, a soberbia é nai doutros abultados defectos de
Cipriano. Pode que a característica máis destacable da sua persoalidade
sexa a arrogancia. O arrogante ten unha autoimaxe inflada, está convencido
de ser o mellor e ó memo tempo é agresivo e desconsiderado cos demáis.
Estes rasgos amósanse nídios en Cipriano cada vez que o escoitamos falar.
Cando se refire ós seus opoñentes políticos insúltaos e califícaos do
peor intentando así alongar a distancia que os separa de sí mesmo que é,
pensa él, o mellor e máis competente gobernante que viron os tempos. Esta
soberbia e esta arrogancia fano prepotente; o prepotente fai alarde do seu
poder e abusa del, con despotismo: ¡mentras eu sexa alcalde ésto ha de
facerse así! é unha frase que se lle escoita con frecuencia. Se lle
acomodáramos un sobrenome para alcumalo como se facía cos reis medievais
pasaría á posteridade como Cipriano o Prepotente.
Cipriano non ten cultura política nin talante democrático. Non ten cultura
política porque non sabe cal é o papel que desempeñan tanto él como os
membros da oposición no xogo de equilibrios do sistema democrático. A sua
lexitimidade como edil ven dada do feito de haber sido elexido en votación
polos cidadáns. A sua lexitimidade como alcalde provén de haber sido
elexido para este cargo polo resto dos edís, por eso ó alcalde se lle chama
o primeiro edil, é o “primus inter pares” e como tal ten máis
atribucións que os outros e certos privilexios específicos, pero a sua
lexitimidade non é maior que a que avala a calquera dos outros membros da
corporación, incluidos os da oposición que tamén cumplen unha labor
fundamental, sendo un dos seus cometidos o de fiscalizar a acción do goberno
e aseguararse de que as cousas se fan como é debido.
O alcalde éo de todo-los cidadáns; dos que votaron por él, dos que votaron
polos outros e tamén dos que se abstuveron, e ten que gobernar en beneficio
de todos eles. Algo semellante sucede coa oposición.
Hai pouco conocíamos a través da COPE a protesta dos concelleiros do BNG
porque querían revisar uns expedientes, nove en total, e o alcalde só lles
daba 15 minutos para facelo. A resposta de Cipriano a esta queixa foi unha
serie de descalificacións entre a que destaca, por chusca, que xa comprobóu
él que un neno de oito anos é capaz de leer os nove expedientes en 15
minutos e aínda lle sobra tempo e os da oposición son tan incompetentes que
non son capaces de facelo. ¿Andará Cipriano perdendo o seu tempo con estes
experimentos? O remate é un claro exemplo do seu despotismo: sentencióu que
mentras él sexa alcalde os funcionarios do concello estarán ó servicio dos
cidadáns e non a perder o tempo con estes inútiles da oposición. Do cal se
deduce que, para Cipriano, os membros da oposición non teñen a condición
de cidadáns.
Pois está errado. Ademáis de ser cidadáns con todolos seus dereitos, sono
dunha condición especial xa que representan lexítimamente a outros
cidadáns e, ó igual que o alcalde, represéntanos a todos, incluso ós que
votaron polo propio alcalde porque os cidadáns non lle entregan co seu voto
unha patente de corso ós gobernantes e tamén eles teñen dereito a
asegurarse de que a xestión do goberno se mantén dentro dos parámetros
establecidos. E para coidar deso está a oposición. A fé é unha virtude
teologal, non política.
¿Por qué os Ciprianos (hai moitos alcaldes desa condición) insisten en non
dar a conocer os detalles da sua xestión á oposición e entorpecen desa
maneira o seu traballo? ¿Qué é o que temen? Se a xestión é correcta, a
oposición, unha vez comprobado, non pode menos que acreditalo, e nese caso o
grupo de goberno veráse respaldado. Só os que teñen algo que ocultar
impiden que se indague nos expedientes para evitar que salgan á luz os seus
chanchullos.
A demostración máis palpable de que Cipriano non ten talante democrático
foi a sesión da sua investidura como alcalde no 2007.
A de investidura adoita ser unha sesión festiva. Todos se felicitan e
felicitan ós electores. O investido expón as suas líneas de actuación e
os seus proxectos e promete esforzarse para levalos a cabo e gobernar no
interés de todos. A oposición deséxalle sorte, pois supónse que todos
están no mesmo barco e o obxetivo é levalo a bó porto, e promete se
estricta pero comportarse con lealtade. Todo son parabéns. Ó fin e ó cabo
non son enemigos, senón contrincantes. É a festa da democracia.
Pois ben, Cipriano convertíu esta festa nun acto grotesco:
- Cipriano, ¿por qué te queren botar, Cipriano? – dís que lle
preguntaban pola rúa os seus siareiros, seguramente asombrados de ver que
unha “persoa principal” como a farmacéutica se sumara ó carro da
oposición en lugar de subirse ó do poder.
- ¡Quítate tú, que me pongo yo! – lles respondía e se respondía a sí
mesmo Cipriano, nun intento de afear a conducta dos membros das outras
candidaturas porque tiñan a ousadía de presentarse ás eleccións
¡disputándolle o posto a Él, o ínclito alcalde de Boborás!
¡Pero claro! ¡Si é para eso precisamente, para ganar o goberno e poder por
en práctica o seu programa para o que se presentan todo-los candidatos en
toda-las eleccións democráticas do mundo! Pero nin Cipriano nin os seus
siareiros son capaces de comprendelo.
O resto da sesión xa foi un esperpento que abochornóu hasta a moitos dos
seus propios seguidores. Empleou o seu discurso para denigrar e denostar ós
membros da oposición, nun acto, compre suliñalo, no que só él tiña
dereito ó uso da palabra e no que, polo tanto, os inxuriados non tiñan
opción de defenderse. Tal é a catadura moral do personaxe.
Visto todo esto, cabe preguntarse ¿cómo é, entón, que Cipriano sigue
ganando en todas as eleccións?
Hai un abano de respostas; a máis simple é: por INERCIA. A inercia é, con
seguridade, a forza máis activa en Boborás.
Ten a sua influencia, sen dúbida, o feito de que Cipriano sexa médico no
centro de saúde local e ademáis, según parece, bó medico, mérito que se
lle reconoce pero que non repercute na sua valía como político. O médico
aínda é un persoeiro de gran ascendencia no rural, daí que se aproveiten
do seu tirón electoral toda-las forzas políticas e os inclúan nas suas
listas. Vistos os resultados da maioría dos casos, sería máis intelixente
buscar licenciados en ciencias políticas que doctores en medicina.
As características da poboación de Boborás, donde máis dun 40 % do censo
está composto por residentes ausentes o que fixo que nas municipais de 2007
o ganador por maioría absoluta fora a abstención (55,9 %) e a sua pirámide
poboacional na que a franxa de idade que máis indivíduos aglutina é a de
70–74 anos (no Carballiño, por exemplo, é a de 30-34 anos), fan que a
maior parte dos electores sexan conservadores, xentes máis preocupadas por
manter o statu quo que por aventurarse con novedades porque para eles o
porvír, mal que ben, xa está escrito; xentes que xa teñen establecidos
todos os seus referentes e son temerosas do cambio, do diferente, do
desconocido, “vale máis malo conocido que bó por conocer” é un dito
moi extendido; xentes, en fín, para as que o futuro xa é pasado.
Para boa parte do resto do electorado tampouco ofrecen suficiente confianza
as demais opcións, máis centradas nun discurso crítico, e éste aínda
pouco contundente, que en ofrecer proxectos alternativos nídios.
E, dende logo, é de utilidade a teoría da sicoloxía da conducta, tan
empregada tamén polos sociólogos, que ven a concluír que á hora de elexir
e despois de sopesar as diferentes posibilidades ó seu alcance os individuos
optan pola que creen máis convinte para eles, actuando sempre na procura do
seu propio maior beneficio. Según esto, cada persoa que vota a Cipriano
faríao convencida de que ésta é a mellor opción posible. Pero ¡ollo!
esta teoría tamén é aplicable ós suicidas.
E, despois de todo, Cipriano non está ahí imposto á forza. Está porque os
seus conveciños o queren así, de xeito que podemos concluír co coñecido
dito de que cada pobo ten o que merece.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/cipriano-o-prepotente
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/cipriano-o-prepotente
[3] whatsapp://send?text=CIPRIANO O PREPOTENTE http://copecarballino.es/denunciacidada/cipriano-o-prepotente
[4] https://copecarballino.es/print/41442