Desenrolado por coroa.es
O Conselleiro inaugura o día 12 o curso escolar de Galicia no CPI Terras de Maside.
Como saúdo de inicio deste novo curso escolar, afirma o día 10 de setembro na web da súa consellería que volve demostrar o seu interese polo benestar dos estudantes galegos.
Pois en Maside estes estudantes polos que tanto se preocupa encontráronse desde que el se fixo cargo da consellería con moitas medidas que non contribuíron ao seu benestar:
Iso foi o curso pasado, neste curso haberá que sumar, ademais, que
O Conselleiro afirma na web que “a Consellería garante a axeitada atención docente a todo o alumnado galego, prestando especial atención e apoio aos estudantes con necesidades específicas de atención educativa – pedagoxía terapéutica ou audición e linguaxe, entre outros-, así como o mantemento da calidade do ensino”
Para manter a calidade do ensino a Consellería contrata neste curso 800 profesores/as menos en Infantil e Primaria. Curiosamente incrementa as unidades concertadas con centros privados, mentres suprime unidades no ensino público.
Por iso ao Conselleiro non se lle ocorrería inaugurar oficialmente o curso no Ben Cho Shey, onde os pais e nais si reclaman a calidade no ensino dos seus fillos.
Inaugura o curso en Maside e inaugura tamén obra. Unha obra cuxos trámites iniciou outro Equipo Directivo e a comunidade educativa levaba moito tempo reclamando.
Debido a todo o anterior, esta profesora do centro non celebra esta visita e prefire recordarlle ao Conselleiro que se quere manter a calidade do ensino debe adoptar medidas que realmente a garantan, en lugar de afanarse de forma tan vehemente en recortar os recursos que o ensino público de hoxe e os cidadáns e cidadás de mañá precisan.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/carta-ao-conselleiro-de-educación-con-motivo-da-súa-visita-ao-cpi-de-maside
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/carta-ao-conselleiro-de-educación-con-motivo-da-súa-visita-ao-cpi-de-maside
[3] whatsapp://send?text=Carta ao Conselleiro de Educación con motivo da súa visita ao CPI de Maside http://copecarballino.es/denunciacidada/carta-ao-conselleiro-de-educación-con-motivo-da-súa-visita-ao-cpi-de-maside
[4] https://copecarballino.es/print/41527