Desenrolado por coroa.es
Esta é a noticia que lle pode poñer a puntilla a xa deteriorada e empobrecida bisbarra de O Carballiño.
Queren facernos ver que é unha gran noticia para a comarca, entón pregúntome eu, por que non fixeron o anuncio antes das elccioóns municipais ou xerais, xa que nas municipais anunciaron a construcción dunha fábrica de coches pero resulta que o que vai vir é unha planta de merda (e perdoade a expresión), parece que somos tontos os da comarca, e logo non vos parece que si fose unha cousa tan boa non a levarían para Vigo, A Coruña ou cidades con moito máis índice de paro que no Irixo. Penso que se se leva a adiante esta planta a Cooperativa de lácteos de Loureiro xa pode ir pechando as portas, que se olvide de facer iogures bio. Ademáis este xeito tan opaco de dar as novas nunha ponte cando todo o mundo está un pouco máis despistado.
Si queremos falar de emprego temos que falar de outro tipo de tratamento de residuos como reciclaxe,reutilización... ademáis no recibo do lixo estannos cobrando o reciclaxe. Seguramente nos digan que teñen tecnoloxías punteiras pero estas tecnoloxías son moi caras, ademáis falan de que van producir electricidade pero eso e mentira e se venden electricidade é porque están queimando a unhas temperaturas moi inferiores as que consiguen queimar todo e emitir gases limpos de dioxinas, furanos, componentes nitrosos e sulfurosos, xa que para elo deben queimar por encima dos 800-1000 ºC pero para elo fai falla moita enerxía polo que terán que comprar enerxía e nestas plantas normalmente empregan gas polo que tamén se emitirán gases a atmósfera. Logo tamén hai que falar das borras que xenera a incineración, ¿onde a van gardar?. Por último hai que destacar que esta planta o 90 % é capital privado e a de SOGAMA o 51% é da Xunta de Galicia, e dicir, capital público. Ademáis non nos podemos olvidar que a bisbarra de O Carballiño
ten un gran potencial co termalismo, ademáis o camiño de Santiago pasa moi preto desta ubicación, o mosteiro de Oseira queda a escasos Km da zona e ademáis esta zona Irixo, Piñor é a unica zona onde queda unha pouca gandeiría e a maioría da carne que comemos comprada en carnicerías pequenas (non supermercados) son desta zona, logo en Dozón que linda co Irixo existe tamén, gandeiría de xeito abundante e sen contar as innumerables granxas de porcino que se atopan ubicadas na zona e que se están construíndo outras novas.Un saúdo a todos
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/loteria-do-irixo
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/loteria-do-irixo
[3] whatsapp://send?text=A lotería do Irixo http://copecarballino.es/denunciacidada/loteria-do-irixo
[4] https://copecarballino.es/print/41543