Desenrolado por coroa.es
A Agrupación Local do PSdeG-PSOE do Carballiño quere denunciar a última decisión da Xunta de Galicia por deixar sen financiación a Protección Civil e facer cargar cos gastos ó Concello e por tanto a todos os veciños e veciñas da nosa vila, cando aínda de hoxe aínda non foron capaces de resolver a construcción do tan necesario Parque de Bombeiros.
Así, esta agrupación non entende como a Consellería do Rural ignora a actual situación coa que se conta neste Concello en materia de seguridade na loita contra os incendios, unha vez que é responsabilidade da Xunta de Galicia a extinción dos mesmos naquelas poboacións que non sobrepasan dos 20.000 habitantes. Deste xeito, Carballiño deberá orzamentar 40.000 euros das súas arcas cando non lle corresponde, e a Xunta de Galicia desvincúlase da súa obriga como entidade responsable e carga a súa aportación na administración local como xa ven facendo noutro tipo de servicos, se ben, neste caso, estamos a falar dun tema de grande sensibildiade na que Carballiño atópase nunha situación discriminada con respecto a outras comarcas da provincia e resto de Galicia.
A Agrupación Local do PSdeG-PSOE pregúntase pola xestión do alcalde do Carballiño neste tema, onde ven de recibir un golpe por parte dos ¨seus amigos¨que gobernan na Xunta de Galicia. Esta decisión supón, unha vez máis, comprobar o escaso ou nulo peso político que ten o sr. Marnotes en Santiago, unha por ser obrigado a facerse cargo dos gastos de manteñemento de Protección Civil e outra por non ser capaz de acelerar a construcción do Parque de Bombeiros logo de anunciarse hai xa un ano a súa inminente construcción, pero claro, pouco antes das eleccións municipais. Compre lembrar que dende hai dous anos, a Xunta de Galicia pretendeu eliminar por dúas veces a súa financiación a Protección Civil, e só as xestións do anterior alcalde fixeron posible prorrogar estas aportacións ata que se construira o Parque de Bombeiros. As presións realizadas a través da FEGAMP fixeron que a administración autonómica se retractara da súa decisión e obrigaron a que esta cooparticipara conxuntamente coa FEGAMP no manteñemento da estructura de Protección Civil sen que o Concello tivera que aportar nada, baseándose no principio que a responsabilidade recae no ente autonómico. Así, unha vez máis, demóstrase a nula capacidade do alcalde para negociar diante doutros organismos, sendo simplemente un vasalo do seu partido que pasa por defender estes intereses por riba dos do noso Concello.
Por outra banda, a Agrupación Local do PsdeG-PSOE desexa felicitar a Protección Civil pola súa implicación nos labores de seguridade que están a facer, tendo en conta sobre todo as condicións nas que está a traballar. A eliminación da partida dos GRUMIR é un duro pao para este Concello, e delo facemos responsable ó sr. Marnotes que agora deberá quitar 40.000 euros das arcas municipais quitándoos de outro capítulo dos presupostos,
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/sobre-proteccion-civil-do-carballino-e-sua-financiacion
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/sobre-proteccion-civil-do-carballino-e-sua-financiacion
[3] whatsapp://send?text=Sobre Protección Civil do Carballiño e a súa financiación http://copecarballino.es/denunciacidada/sobre-proteccion-civil-do-carballino-e-sua-financiacion
[4] https://copecarballino.es/print/41550