Desenrolado por coroa.es
Os membros da Sociedade de Cazadores do Irixo, (Tecor O Irixo) estan molestos, xa que logo de tres meses de haberse anunciado a instalación de una planta incineradora no concello de O Irixo, esta non convocou unha asamblea extraordinaria para que o colectivo se manifeste dalgun xeito pola instalacion de esta planta.
Estan molestos, porque despois de varias conversas, de algúns socios, co actual presidente do colectivo D. Manuel Taboada, e solicitarlle que debería convocar dita asamblea, este negouse, dando argumentos pouco convencibles para os solicitantes.
E estan indignados porque, se lles esta negando un dereito a expresarse libremente dentro do colectivo para que en asamblea que e ó órgano supremo do goberno da Sociedade decida en maioría, a postura a tomar neste asunto.
Os cazadores recurriron o art, 18 dos seus estatutos, para solicitar a convocatoria de asamblea xeral extraordinaria, recollendo o 25% das firmas dos socio, e veñen de enviallas via burofax o actúal presindente do T.ecor. dispoñendo de un máximo de vinte días para convocala.
Coas firmas dos socios lle solicitan, que inclúa na orde do día da convocatoria dous puntos;
1º/ A posible instalacion de unha incineradora no concello de O Irixo.
2º/ A celebración de unha votacion secreta na que se decida a postura do Tecor. sobre a instalacion da incineradora.
En nome dos solicitantes e socio do tecor O Irixo, Antonio Garcia Reinoso, membro da xunta directiva da Federación Galega de Caza.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/cazadores-do-irixo-molestos-e-indignados
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/cazadores-do-irixo-molestos-e-indignados
[3] whatsapp://send?text=Cazadores do Irixo, molestos e indignados. http://copecarballino.es/denunciacidada/cazadores-do-irixo-molestos-e-indignados
[4] https://copecarballino.es/print/41568