Desenrolado por coroa.es
Como calquera, eu teño a miña propia ideoloxía. Quen dí o contrario
creo que minte. Pois ben, quero tentar facer un exercicio de profilaxis e
manterme equidistante no relativo aos resultados da auditoría no
Carballiño, espero ter fortuna, e se alguén cré que as miñas opinións
son sesgadas, por favor que me corrixa, porque a miña intención é a
contraria.
Estase a producir unha discusión bizantina sobre as conclusións da
auditoría, na que o Goberno local, e dicir os do PP, din que a débeda é de
6.8 millons aos que hai que prestar especial atención, como problema
arrastrado outros 3 millóns cuxos dereito de cobro xa prescribiron. Pola
outra banda o ex alcalde, Carlos Montes, do PSOE, dicía que a débeda era de
1.8 millóns, e o señor Fumega, do PSOE, dicía que era de 2.5 millóns, e
despois da auditoría non se coñece a voz oficial do PSOE sobre a cuantía
da débeda. Tras facer a auditoría, o BNG dí que pra eles o resultado é de
1.2 millóns de euros. E os datos públicos que temos os ciudadáns da
débeda viva recoñecida por Intervención no ano 2010 no Ministerio de
Economía e Facenda, é lixeiramente superior aos 4 millóns de euros.
Sinceramente, non podo entender cómo poden producirse discrepancias tan
siñificativas nalgo tan obxectivo como son os números.
Señores e señoras representantes do pobo do Carballiño, señores e
señoras do PP, do PSOE, e do BNG. Están dando todos vostedes unha imaxen
de-sas-tro-sa. E digo todos, porque están privando o pobo de coñecer os
resultados dunha auditoría que foi pagada cos nosos impostos, e de igual
xeito que as contas teñen que ser publicitadas e coñecidas "erga omnes"
porque por elo son públicas. Publiquen vostedes o texto íntegro, porque é
o único xeito de coñecer cal foi o resultado real da auditoría.
¿Por qué ningún?, repito por activa, por pasiva e por perifrástica
¿POR QUÉ NINGÚN TIVO A DECENCIA DE FACER PÚBLICO O RESULTADO ÍNTEGRO?
¿Por qué están todos, repito todos, estafando a soberanía popular que foi
delegada na vosa representatividade? É radicalmente falso que o pobo non lle
interese coñecer estes datos. Pois sí señores e señoras, ao administrado,
o que mais lle interesa é coñecer a xestión dos cartos que co seu
sacrificio pagan coa obriga impositiva. Quen quera dicir o contrario está a
tomar o pelo á xente. E do que se desprende das declaracións que estamos
sufrindo os veciños, de todos os nosos representates, todos vostedes están
por baixo da media de entendemento da veciñanda do Carballiño no que atinxe
aos aspectos das finanzas públicas. Recapitulando: Deixen de tomarlle o pelo
á xente, e publiquen o resultado íntegro da auditoría que é a sua obriga,
de todos vos.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/auditoria-transparencia-e-publicidade-das-contas-públicas
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/auditoria-transparencia-e-publicidade-das-contas-públicas
[3] whatsapp://send?text=Auditoria, transparencia e publicidade das contas públicas http://copecarballino.es/denunciacidada/auditoria-transparencia-e-publicidade-das-contas-públicas
[4] https://copecarballino.es/print/41569