Desenrolado por coroa.es
Os membros do Grupo Municipal do PSdeG- PSOE do Carballiño vemonos na
obriga unha vez mais de denunciar a nefasta xestion que o Partido Popular
está a levar a cabo dende a súa chegada ao goberno municipal da nosa vila.
No caso que nos atinxe, é que sen dúbida sintomático da incapacidade
do señor Marnotes e o seu grupo para tan siquera manter os servizos que
durante anos fixeron do Concello do Carballiño un dos de mais crecemento de
toda Galicia, temos que falar das Escolas Deportivas Municipais e de cómo se
van ver afectadas polo plan de axuste do señor Marnotes.
Hai apenas un ano cando Argimiro Marnotes e o Partido Popular acadaron a
alcaldía do Carballiño, inscribir a un neno ou nena por un ano enteiro
nestas escolas tiña un custo de 50 euros, contaban cunhas equipacions
uniformadas a uns prezos moi asequibles, gracias a consecución por parte do
entonces concelleiro de Deportes, Manolo Dacal, do patrocinio de varias
empresas que se facian cargo de parte dos gastos neste apartado e por suposto
contaban con transporte para levar aos nenos aos desplazamentos que implican
as diferentes competicións, ademais de que cada ano se estaban incorporando
disciplinas novas como o Triatlon no que chegaron a participar 20 nenos.
Como consecuencia deste esforzo, as Escolas Municipais Deportivas do
Carballiño, converteronse en referente deste tipo de iniciativas e xunto co
Pabellón de Ourense chegaron a ser consideradas entre as mellores de Galicia
con perto de 500 alumnos e alumnas, en gran parte gracias á adicación dun
concelleiro volcado en corpo e alma na xestion destas, con constante
presencia en desplazamentos cos nenos e contacto diario e directo cos
monitores e mesmo cos coidadores das instalacions. Instalacións que durante
a lexislatura na que Dacal exerceu estas funcions se viron melloradas
ostensiblemente, con obras como a construcción do campo artifical da Uceira
e as instalacions anexas (vestiarios, asfaltado do contorno, muro de pedra
perimetral…), a reposición da cuberta do Pavillon de deportes Paco Chao, a
construcción da nova e espectacular piscina, e diferentes melloras que eran
moi necesarias no estadio de Espiñedo, a reposición do céspede, o arranxo
do muro exterior de pedra, a renovación de baños e vestiarios, o peche da
cabina de prensa… Asimesmo, co animo de promocionar ainda mais o deporte na
nosa vila, creouse a Gala do Deporte.
Pero como diciamos a causa do pouco aprecio que Argimiro Marnotes lle da
á formación deportiva dos nosos pequenos (chegou a tildar as Escolas de
actividades de segunda necesidade), todo o acadado durante estes anos estase
indo a pique a unha velocidade de vertigo.
En primeiro lugar hai uns meses decidiu duplicar a tasa por matricula e
dos 50 euros pasou a case o doble, 95, algo pouco consecuente nos tempos de
crise que estamos a vivir. Pero para o PP ainda non era suficiente e no Plan
Marnotes presentado hai uns dias e aprobado cos votos dos concelleiros do
Partido Popular, o custo das escolas vaise a incrementar un 15 % anual ata o
2022, resultando así que no 2015 cando acabe o mandato do actual alcalde,
enviar a un neno ou nena a actividades deportivas tera un custo de 166 €, e
o que si cabe, é peor deixa xa fixada unha suba que se irá ata os 400 €
ao final dese plazo, convertendo así estas actividades en accesibles solo
para familias cun alto poder adquisitivo, en escolas municipais para ricos,
para entendernos.
O triste é que as desfeitas do Partido Popular neste apartado non se
quedan ahí, tamen por obra e gracia do Plan Marnotes, os alumnos vense
privados do transporte, tendo que ser os pais os que os leven aos
desprazamentos. Por suposto desapareceron as equipacións, xa que ninguén
foi capaz de renovar eses patrocinios e sen moito miramento se eliminaron
actividades como a antes comentada do Triatlon.
Por certo non nos esquecemos de que agora tamén hai un concelleiro de
deportes, o señor Hermida, pero no seu caso, nin está nin se lle espera.
Nestes meses o seu maior logro, que vendeu a bombo e platillo nos medios de
comunicación, foi cambiar uns bancos de madeira de Pena Cobertoira para a
Uceira e copiar, mal, a Gala do Deporte.
Por todo o exposto lle pedimos a Argimiro Marnotes que recapacite e pase
a considerar as Escolas Deportivas como prioritarias e que cando poña taxas
non pense no seu soldo como alcalde, senon nos problemas que están a pasar
moitos dos nosos veciños.
Asdo. Gabinete de Comunicación do PSdeG-PSOE da Comarca do Carballiño
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/escolas-deportivas-para-ricos
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/escolas-deportivas-para-ricos
[3] whatsapp://send?text=Escolas deportivas para ricos http://copecarballino.es/denunciacidada/escolas-deportivas-para-ricos
[4] https://copecarballino.es/print/41577