Desenrolado por coroa.es
Quero denunciar o mal estado do PR 76 no seu paso polo concello de O
Carballiño, en concreto os puntos máis complicados son:
A pequena ponte que está detrás do muíño das lousas onde as tablas do
chao están completamente desprendidas formando así un perigo inminente e
que en calquera momento poderá traer un disgusto.
Outro punto conflictivo, está situado seguindo ese mismo sendeiro, é dicir,
por detrás do muíño das lousas, unha vez pasado o tramo que circula pola
rochas encontrámonos cunha maleza que nos impide o paso facéndose imposible
o seu acceso, impedindo así poder proseguir coa ruta.
Dou fé de que este sendeiro que vai de O Carballiño ata Pazos de Arenteiro
é moi visitado polos turistas que xa se aproximan ás nosas terras non só
na fin de semana senón en calquera día laboral. Podo poñer o exemplo da
semana pasada cando tropecei cuns turistas nestes camiños e non puideron
proseguir debido ó estado da maleza, así que o resultado da súa excursión
foi irse da nosa comarca.
Xa estamos na tempada de verán, e interesa non só ter en bo estado o parque
senón tamén as numerosas rutas que temos na nosa comarca, porque eso trae
xente, así que dende aquí insto o Concello a que mande unha brigada de
limpeza por alí, pola piscifactoria é por varias marxes do río que están
sen limpar porque o seu estado é moi grave.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/pr-76
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/pr-76
[3] whatsapp://send?text=PR 76 http://copecarballino.es/denunciacidada/pr-76
[4] https://copecarballino.es/print/41601