Desenrolado por coroa.es
Xa é oficial que os concelleiros do PSdeG-PSOE de Maside, aprobaron
en solitario, o procedemento para adxudicar a xestión da auga a unha
empresa, que en estes momentos descoñecemos cal é, pero o intuímos, habida
conta que un dos requisitos para a adxudicación é a esixencia dun canon de
450.000 euros. O feito máis salientable desta adxudicación, e que se
producirá por un período de 25 anos, e que hipotecará as economías dos
veciños de Maside durante este período, xa que inevitablemente producirá
unha suba muy considerable das cuotas, e dos consumos da auga. O PSOE de
Maside non levaba esta privatización da auga no seu programa, o que
constitúe un fraude para todos os veciños de Maside, aos que, aproveitando
un período electoral que acapara a maior parte de novas, se lles está
metendo con calzador unha importante merma para a súa capacidade adauisitiva
nos vindeiros 25 anos. Moitísimos veciños de Maside desoñecen estos
feitos, polo que aproveito este medio para que os que o podan ler, teñan
coñecemento dos feitos.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/privatización-da-auga-en-maside-0
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/privatización-da-auga-en-maside-0
[3] whatsapp://send?text=Privatización da auga en Maside http://copecarballino.es/denunciacidada/privatización-da-auga-en-maside-0
[4] https://copecarballino.es/print/41638