Desenrolado por coroa.es
Quero denunciar a mala xestión dalgún funcionario do SEPE do Carballiño,
concretamente da sección CONTRATOS.
Os acontecementos son os seguintes: eu chamo por teléfono para preguntar
sobre un contrato, xa a funcionaria dame largas dicindo que ela nese aspecto
non me pode axudar que teño que ver o perfil do aspirante a contratar. Non
sei que vos parece pero que unha funcionaria do SEPE da sección contratos
che diga que non ten nin idea de que vai a cousa, non o entendo moi ben, onde
está o seu deber de información co cidadán?
A cousa non queda ahí, explico a esta funcionaria o que quero facer e
pregunto algo moi concreto sobre un contrato xa que na súa redacción non
está moi claro que colectivos se inclúen e cales non. A funcionaria
soluciona o tema dicíndome que me vai pasar co director. Estiven esperando 4
minutos a ver se o director se puña ao aparato, pero como xa suporedes, nada
de nada ata que me colgaron o teléfono sen ningún tipo de explicación nin
de despedida.
Acto seguido volvo chamar de novo o mesmo número, eh sorpresa¡¡¡¡ o
primeiro tono sí o daba pero o resto daba o sinal de comunicando. Eu entendo
que o ver no identificador de chamadas e comprobar que era o mesmo número
pulsaba un botón que daba comunicando.
Se a funcionaria de turno dase por aludida e de paso o director, dicirlles
que a súa labor paréceme bastante mala, se unha cousa non se sabe hai
maneiras de que se poidan solucionar, podes consultar e darme a solución
para outro día ou algo así, ou que chame a outro sitio. Pero non, estes
funcionarios solucionan as cousas colgando o teléfono aos cidadáns. A
sensación que da é de desidia total, "non me importa o que che pase e non
me molestes que teño que ir a tomar o café, arránxao como poidas tí"
Por sorte para nós, non todos os funcionarios son así pero o que me pasou
onte con estes funcionarios ao final e o que a xente recorda e débese
solucionar dalgún xeito. Cómo lle cambiaría o conto se traballase nunha
empresa privada e lle colga o teléfono a algún cliente sen arranxarlle o
seu problema.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/o-sepe-do-carballiño
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/o-sepe-do-carballiño
[3] whatsapp://send?text=O SEPE do Carballiño http://copecarballino.es/denunciacidada/o-sepe-do-carballiño
[4] https://copecarballino.es/print/41646