Desenrolado por coroa.es
Dende o PP de Piñor, queremos denunciar ante a opinión pública a grave situación de abandono na que se atopa o entorno do Centro de Saúde e a falta de limpeza das súas instalacións.
Vaia por diante que dende o PP non cuestionamos a labor, nin a dedicación da traballadora que exerce as funcións de limpadora no Centro de Saúde, pois humanamente é imposible desenrolar con eficacia o seu traballo, pola excesiva carga que ten (limpeza do Velorio, do antigo e do novo Concello, do Centro de Saúde...)
O único responsable desta situación é o Sr. Alcalde de Piñor por non reforzar o servizo que permita acometer unha limpeza a fondo das súas dependencias, así como de dotalo da maquinaria axeitada e os medios precisos.
O Sr. Alcalde é coñecedor desta situación, que os traballadores do centro de Saúde lle reiteraron en numerosas ocasións e do que non tiveron resposta ningunha.
Moitos dos usuarios que acoden diariamente ó centro de Saúde amosan a súa inquedanza pola sucidade que presenta o pavimento do chan entre outras cousas.
A todo elo engádese o total abandono do entorno. Na parte posterior do Centro de Saúde, as silvas trepan polos muros, e algunhas das fincas situadas a menos de 20 metros, están cheas de toxos, xestas e todo tipo de maleza, hábitat propicio para que por alí pululen ratas, cobras, restos de materia orgánica que esconden os cans...
Non somos quen de entender cómo se pode chegar a esta situación de abandono, dun lugar que é a praza do Concello é do Centro de Saúde, os espazo máis frecuentado polos veciños e visitantes. Non entendemos a teima do Sr. Alcalde en manter esta situación que xa foi denunciada por algún veciño mediante escrito dirixido á Alcaldía.
Piñor a 15 de febreiro de 2013
José Luis González Rodríguez (PORTAVOZ DO GRUPO MUNICIPAL DO PP DE PIÑOR
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/o-pp-de-pinor-denuncia-falta-de-limpeza-do-centro-de-saude-e-sua-contorna
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/o-pp-de-pinor-denuncia-falta-de-limpeza-do-centro-de-saude-e-sua-contorna
[3] whatsapp://send?text=O PP de Piñor denuncia a falta de limpeza do centro de saúde e a súa contorna http://copecarballino.es/denunciacidada/o-pp-de-pinor-denuncia-falta-de-limpeza-do-centro-de-saude-e-sua-contorna
[4] https://copecarballino.es/print/41670