Desenrolado por coroa.es
Tal como poidemos ver na prensa, a Policia Local identificou a un menor como
presunto autor de pintadas con spray en numerosas vivendas privadas e na
Fonte de Flores. Segundo esta información, as dilixencias serán
trasladadas á Fiscalia do Menor.
Como veciño deste pobo, soamente agardo que se tomen medidas severas que
sirvan de escarmento para que estes contínuos actos bandálicos que teñen
ao Carballiño cun aspecto desastrado deixen de suceder dunha vez por todas.
Sen esquecer que, como consecuencia, somos os carballiñeses os que, cos
nosos impostos, nos temos que facer cargo dos gastos de reparación e
limpeza.
Agradecemos vixianza e medidas serias contra aqueles que non foron educados
para respetar os béns comúns ou privados. No caso de ser menores, a
responsibilidade terá que recaer sobre os seus proxenitores
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/pintadas-que-inundan-o-carballiño
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/pintadas-que-inundan-o-carballiño
[3] whatsapp://send?text=As pintadas que inundan O Carballiño http://copecarballino.es/denunciacidada/pintadas-que-inundan-o-carballiño
[4] https://copecarballino.es/print/41672