Desenrolado por coroa.es
No ultimo pleno da corporación do Carballiño, confirmouse o que o Grupo Socialista deste Concello sospeitaba fai tempo. Nun acto de cinismo sen precedentes, vimos como o alcalde, señor Marnotes tentaba de novo enganar ao pobo con subterfuxios e artificios, e acabou amosando a súa faciana mais habitual, a de sumisión absoluta cara á Deputación de Ourense e as ordes do clan Baltar, a quen, sen lugar a dúbidas, se esforza moito mais en satisfacer que en defender os intereses dos veciños e veciñas desta vila.
Son incontables as cuestións relacionadas coa política económica do noso municipio que están en tea de xuizo, pero digamos que o señor Marnotes se está a distinguir por subir todos os impostos e taxas a uns niveis brutais e tentar exprimir ao máximo os petos dos carballiñeses e sen embargo, despois, o emprego que fai destes cartos que con moito esforzo pagamos todos, é certamente, como mínimo, censurable. Contratos con informes en contra de intervención e secretaría, e indemnizacións con despidos condenados polos xuices.
Así logo, no pleno do pasado xoves, tivemos un mais que claro exemplo do que entende este grupo de goberno por xestionar os nosos cartos. Apoiado nos votos da mayoría absoluta do Partido Popular, aprobouse asinar un convenio coa Deputación de Baltar para que esta se faga cargo da recollida do lixo durante os vindeiros ¡30 anos¡, nin mais nin menos. O acordó está ademáis adornado con varias particularidades moi chamativas, destacando por riba de todas elas o custo económico que para todos nos terá durante todo este tempo.
No ano 2012, segundo datos aportados polo propio ente provincial, a recollida de lixo no Carballiño, costou 443.671’20 €, unha cifra xa mais que respetable, e agora atopamonos que para o 2013 nos vai a cobrar 564.307,02 €o que supón un incremento de 120.635,82 €, ¡¡¡un 22% mais ¡¡¡¡¡. Todo elo co beneplácito do goberno carballiñés quen mais que preocuparse por administrar ben os cartos de todos nós parecían mais ocupados en buscar xeitos de financiar a casa Baltar e ainda son capaces de mostrarse orguiosos desta barbaridade.
Como xa é vello, os argumentos foron o “fantástico” estado dos contenedores, (seguro que pasan pouco polo entorno da Praza de Abastos ou xa fai moito que non se dan unha volta pola maioría das parroquias), que por certo nos cobraron con creces. Por certo, ningún deles comentou nada,tampouco, dos dous camións que lle regalamos, un deles case do trinque, e dos que agora nos cobran a amortización. Delirante.
Dados estes acontecementos de extrema gravidade o PsdeG- PSOE do Carballiño, vai a pedir de forma inmediata a rescisión deste abusivo convenio, que ao noso entender asemellase mais a un atraco a man armada, e o estudio de novas formulas menos perxudiciais para o noso Concello no tocante á recollida do lixo
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/do-grupo-municipal-socialista-sobre-o-convenio-para-recollida-do-lixo
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/do-grupo-municipal-socialista-sobre-o-convenio-para-recollida-do-lixo
[3] whatsapp://send?text=Do Grupo Municipal Socialista sobre o convenio para a recollida do lixo http://copecarballino.es/denunciacidada/do-grupo-municipal-socialista-sobre-o-convenio-para-recollida-do-lixo
[4] https://copecarballino.es/print/41721