Desenrolado por coroa.es
A incongruencia cada vez máis frecuente exercida polo alcalde do Carballiño,o señor Marnotes, parece non coñecer límites e sumou o pasado venres un novo episodio.
Dende o Grupo Municipal Socialista xa denunciamos en incontables ocasións a “bipolaridade” do rexedor, moi dado a cambiar de opinión e criterio con toda facilidade en función dos seus intereses e sobre todo do lugar onde se atope. Así pois xa son varias as veces nas que defende unha postura na nosa vila e outra moi diferente cando pisa o Pazo Provincial e recibe ordes do clan Baltar, as cales acata sumisamente.
No último pleno provincial esta realidade quedou novamente de manifesto durante o debate da moción presentada polo PSdeG-PSOE para a creación dunha comisión dos concellos da nosa comarca para axilizar todo o posible a reapertura do matadoiro, pechado dende o mes de Setembro.
Para sorpresa de todos os alí presentes, traballadores do servizo incluidos, o alcalde do noso Concello, saltándose sen miramentos a súa principal obriga que é a de defender os intereses dos seus veciños, posicionouse en contra de dita proposta e tanto il como os seus compañeiros de partido a botaron por terra.
A actitude de Argimiro Marnotes neste caso é unha evidencia máis do seu pouco compromiso coas xentes do Carballiño, pois leva dez meses xogando co sustento e futuro dos 9 traballadores adscritos ao servizo e coa economía de todos os carniceiros que ven como a situación de inactividade do matadoiro perxudica seriamente a súa economía e porvir.
Como excusa, esta vez, alegou que non precisa apoio para solucionar este grave problema, dando a entender que il se basta e se sobra para arranxalo, algo que xa ninguén cre, despois de 10 meses de continuas mentiras e incumprimentos con uns e con outros.
O alcalde do Carballiño tivo, por enésima vez, a desfachatez de fixar un novo prazo para desatascar o conflicto, e tendo en conta que xa é a cuarta vez que o fai, (primeiro ía ser en Novembro, logo Decembro, logo Marzo…), o único que consegue é deixar a súa credibilidade á altura da súa capacidade política e de xestión, é dicir, polo chan.
Temos que subliñar tamén que dende o noso Grupo imos a facer un exhaustivo seguemento do proceso e non imos a consentir que esta nova data aportada polo alcalde se convirta nunha mais da súa longa colección de mentiras.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/do-psdg-sobre-incongruencia-do-alcalde
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/do-psdg-sobre-incongruencia-do-alcalde
[3] whatsapp://send?text=DO PSdG sobre a
[4] https://copecarballino.es/print/41736