Desenrolado por coroa.es
Os concelleiros do grupo municipal de PP de Piñor acudimos ó
Pleno que se celebrou una Casa do Concello no que o
punto máis relevante da orde do día era a aprobación do Presuposto
Municipal para o ano en curso 2013; que ascende á cantidade de
1.074.682.90 €
Tras a posta en escena do Sr Alcalde, no que dicía que eran uns
presupostos modélicos e adaptados á actual situación de crise;
cuestión que quedou en evidencia ó remate do debate.
O portavoz do Grupo Municipal do PP de Piñor, José Luis González
Rodríguez realizoulle diversas preguntas ó Alcalde que este non soubo
contestar,ou non lle interesaba contestar porque ten algunhas
cuestións que agochar.
Preguntamos por exemplo qué postos de traballo se reduciron ou
pretendía reducir, xa que na memoria explicativa do presuposto fai
referencia a esa redución e o Alcalde non sabía. O Concello de Piñor
ten un gasto en persoal desorbitado, é unha sangría para o Concello de
Piñor dende que é Alcalde; a previsión é de 361.081 € que resulta
inaceptable para un Concello que non chega ós 1.300 habitantes.
Levamos cuestionando a política de persoal do Concello de Piñor
dende o inicio da lexislatura, os veciños de Piñor non teñen que pagar
os favores do Sr Alcalde o socialista Francisco Fraga.
A presión fiscal que exerce o Concello de Piñor sobre os seus
habitantes para este ano 2013 é de 310,25 € cantidade excesiva se a
comparamos con outros Concellos que teñen outros servizos e
prestación municipais que en Piñor non existen. Nos últimos dous anos
o Alcalde subiu o 50% do tipo impositivo do recibo do IBI; non se pode
aceptar que en Piñor un pequeno municipio do rural que apenas ten
1300 habitantes teñan o tipo impositivo máis elevado que na propia
cidade de Ourense.
Os populares de Piñor reclamámoslle ó Alcalde que “baixe da nube”,
“que poña os pés na terra”, que analice as características do noso
concello e que faga unha política adaptada para o noso concello e para
os nosos veciños; que redunde no beneficio de todos.
O Grupo Municipal do PP de Piñor votamos en contra do s Presupostos
Municipais para o vindeiro ano 2013, en primeiro lugar porque non se
nos fixo entrega da documentación solicitada, informe de alcaldía e
informe de secretaría intervención que forman parte do expediente do
presuposto municipal. En segundo lugar porque convoca o pleno
cando lle ven ben a él e ós seus concelleiros e non se axusta ó
establecido pola lei e aprobado polo Pleno de organización; cuestión
que nos afecta directamente, pois altera a vida laboral e profesional
dos concelleiros que nunca sabemos cando vai ser o Pleno porque
nunca é na data sinalada polo que impide que poidamos analizar a
documentación, porque ó contrario que o Alcalde nós non temos
dedicación exclusiva no concello, temos que atender o noso traballo,
que é do que vivimos. Finalmente en terceiro e último lugar, son uns
presupostos inservibles, xa que veñen fóra de prazo, é inaceptable que
pretenda aprobar uns presupostos no mes de agosto cando xa pasou
máis da metade do ano, esto non é máis que perder o tempo.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/do-partido-popular-sobre-os-orzamentos-do-concello-de-piñor
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/do-partido-popular-sobre-os-orzamentos-do-concello-de-piñor
[3] whatsapp://send?text=Do Partido Popular sobre os orzamentos do concello de Piñor http://copecarballino.es/denunciacidada/do-partido-popular-sobre-os-orzamentos-do-concello-de-piñor
[4] https://copecarballino.es/print/41756