Desenrolado por coroa.es
Como veciño deste pobo quería facer unha valoración das festas: Impresión
xeral: MOI MALAS.
Explícome un pouco:
-ORQUESTAS: Os días 13, 14 as orquestas parecéronme horribles. O día 15
non estivo mal. O 16 a mellor. O 17 un espectáculo que, particularmente, non
me gustou (cantan alguha canción, despois desbarra o señor calvo que é o
centro de todo... soltan animaladas por esas bocas... "moito ruido e poucas
noces", pero supoño que este é a famosa posta en escena desta orquesta).
-BANDAS: Pareume penoso que non houbora unha banda o día 16 (sempre un gran
día de festa) e o día do patrón 17. Os outros días houbo banda (Lira e
Carballiño) que non tiñan nin un palco para tocar (tal e como estaban a
xente non veía nada).
-NENOS: Pouca cousa, mala e mal distribuida.
-ANIMACIÓN NA RÚA: Non vin ambiente de festa. Había xente pero penso que
era polo bo tempo e o fin de semana. Non se notaba que estabamos en festas. A
iluminación un pouco cativeira, algunha non funcionaba supoño que sería de
levar tanto tempo colgada.
-HORARIOS: As orquestas (polo menos os días 16 e 17) empezaron moi tarde.
Penso que deberían empezar as 8:30 ou 9:00.
A xente esperaba pero non había nada de nada ata as 10:30 que empezaba o
pase da orquesta. Podian poñer (no libro das festas) como atracción de
19:30 a 22:00 montaxe de orquesta (porque xente habia alguha mirando xa que
outra cousa non se podía facer)
-FUEGOS: Gustánome os dous días. O sitio a min paréceme moi bo, non entro
en si dañamos a Veracruz.... porque non o sei.
En fin, por outro lado supoño que temos as festas que merecemos xa que moita
xente non paga a cuota e despois quere esixir. Eu pagei e podo decir que me
pareceron moi malas.
Un saúdo e grazas.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/festas-do-setembro-1
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/festas-do-setembro-1
[3] whatsapp://send?text=Festas do Setembro http://copecarballino.es/denunciacidada/festas-do-setembro-1
[4] https://copecarballino.es/print/41779