Desenrolado por coroa.es
Quero expresar o meu desagrado (por desgracia unha vez máis) ante o
oscurantismo e a mala fe que rixe o proceso de selección de alumnos dos
obradoiros de emprego. Temos recente o que pasou o ano pasado e niste parece
que se vai repetir o mesmo. Hoxe xoves día 10 de outubre as 17 horas no
auditorio foi a selección. E entereime porque mo dixeron porque nin a min
nin a maoría dos que estabamos apuntados no INEM nos mandaron citación
ningunha. A principios desta semana fun a oficina de emprego pedir
xustificacións de porque eu non fun citado cando levo desde xaneiro como
demandante dos mesmos. A súa contestación foi que non cumpría os
requisitos. Ao parecer iste ano hai que ter menos de 30 anos polo tema de
contrato de formación e aprendizaxe e os que superan esa idade xa non os
citan. Cal e miña sorpresa cando aparezo hoxe polo auditoría para ver que
estaba por alí e por suposte case ningún desa idade senón mais ben de
máis de 30, as mesmas caras de tódolos anos, o mesmo xitano que participa
todolos anos (algo que esta prohibido), os que teñen o carné (xa me
entendedes). En total unhas 30 persoas que non tiña mérito superior que os
que non fumos nin citados. non e de recibo que en estos tempos de crisis e
que con familias enteiras que non ingresan nin un euro para comer sexan
ninguneados desta forma polas administracións públicas. Porque neste caso o
Concello e o INEM son cómplices. Este suceso é INACEPTABLE.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/obradoiro-de-emprego-o-carballiño-san-amaro
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/obradoiro-de-emprego-o-carballiño-san-amaro
[3] whatsapp://send?text=Obradoiro de emprego O Carballiño-San Amaro http://copecarballino.es/denunciacidada/obradoiro-de-emprego-o-carballiño-san-amaro
[4] https://copecarballino.es/print/41795