Desenrolado por coroa.es
Unha das grandes obras urbanísticas do Carballiño, feita incluso
como modélica e con miras de futuro, é a Estación do Ferrocarril. Nunca se
entenderon semellantes posibilidades. dende os seus incios foi e sigue
estando infrautilizada, mesmo machacada polo mostrario de feismos e sobre
todo polo galpón de Protección Civil, rompendo en volume e mal gusto a
armonia da plaza e as labras do muro. Habendo incluso dentro do recinto
espazos máis amplos e cómodos para este servizo de urxencia. ¿Pero non se
entende que unha estación é unha porta de entrada, a primeira imaxe, neste
caso para moverse polo Ribeiro? ¿Como non se xestiona que a estación do
tren e a de autobuses estean próximas pra enlazar?...sitio hai. O que falta
é sentidiño pra entender que o que vende e a imaxe e sobre todo quen non se
comunica está morto... E velaí as estacións, sen sangue, sen vida. Xa nos
encargamos de acabar con nos mesmos (por non dicir outra cousa). Ver, sentir
(si temos sentidos) e xuzgar. Unha veciña de Leiro que traballa en Santiago
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/o-abandono-e-degradación-da-estación-de-ferrocaril
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/o-abandono-e-degradación-da-estación-de-ferrocaril
[3] whatsapp://send?text=O abandono e degradación da Estación de Ferrocaril http://copecarballino.es/denunciacidada/o-abandono-e-degradación-da-estación-de-ferrocaril
[4] https://copecarballino.es/print/41812