Desenrolado por coroa.es
A Xunta Rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia
de Ourantes queremos mostrar o máis absoluto rexeitamento ás afirmacións
do Tenente de Alcalde do concello de Punxín, Emilio Baca e manifestar que os
atrancos que está a sufrir o proxecto de bombeo do río Miño só poden ser
atribuidos a ineptitude e ignorancia do equipo de goberno do concello de
Punxín.
O Sr. Alcalde de Punxín remitiulle á CMVMC da parroquia de Ourantes un
escrito solicitando que se lle concederá permiso para a realización das
obras de bombeo do río Miño, ao discurrir parte do trazado ata o San
Trocado por terreos propiedade do monte comunal.
Ante a falta de documentación e información que acompañaba o escrito (tan
só un plano do trazado) contestouselle por escrito o 24 de marzo pedindo ter
unha reunión urxentemente cos redactores/responsables do proxecto para que
nos informaran de cales e como ían ser as obras a realizar e a súa
repercusión no monte comunal.
Como contestación á nosa petición, o alcalde concertou unha reunión o
día 4 de abril entre os membros da xunta rectora e personal de medio rural,
personal que descoñecía completamente o trazado e o contido das obras, polo
que a reunión non chegou a celebrarse, volvendo a reiterarlle a necesidade
de falar con responsables que poideran explicar o contido do proxecto.
Logo da aparición en prensa de varias noticias relacionadas co peche no
concello que mantuveron os veciños de Punxín, o día 16 por fin se celebrou
a reunión con personal responsable da empresa que redactou o proxecto, dando
información que será trasladada próximamente aos comuneiros da parroquia
de Ourantes, que en asemblea decidirán sobre a cesión ou non dos terreos.
Polo tanto dende a Xunta Rectora rexeitamos as declaracións feitas polo
tenente de alcalde do concello de Punxín, lembrándolle que dende esta Xunta
rectora sempre se está a traballar en beneficio dos veciños comuneiros da
parroquia de Ourantes, en defensa dos seus intereses e do monte comunal.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/sobre-unhas-declaracións-do-tenente-alcalde-de-punxín
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/sobre-unhas-declaracións-do-tenente-alcalde-de-punxín
[3] whatsapp://send?text=Sobre unhas declaracións do tenente alcalde de Punxín http://copecarballino.es/denunciacidada/sobre-unhas-declaracións-do-tenente-alcalde-de-punxín
[4] https://copecarballino.es/print/41867