Desenrolado por coroa.es
Este fin de semana pasado fun pasear polo parque municipal e o chegar
á Pena dos Namorados o que vin alí deume vergonza debido ao mal estado no
que se atopa non só esta pena, se non tamén o seu entorno, xa que a Pena
dos Namorados esta chea de pintadas que ali deixaron parellas de noivos.
Igualmente, o mirador, que se atopa baixo esta pena presenta un estado
penoso, pois na rocha que sustenta a Pena dos namorados tamén esta chea de
pintadas de parellas e o mirador se atopa, ademais, nun estado lamentabale,
debido non só ao abandono, se non tamén ao vandalismo e incivismo de certos
individuos quenon dubidaron en destrozar as barandillas de madeira cuios
restos se atopan distribuídos pola contorna. E por si esto fora pouco o
acceso a este mirador dende as escaleiras que suben dende a ponte se atopan
en mal estado, pois faltan algúns escalóns e outros se moven ao pisalos o
que reviste certa perigosidad para quenes suben ou baixan por estas
escaleiras e ademais a estatua que se atopa neste mirador se encontra chea de
pintadas con nomes de parexas. Coido que xa vai sendo hora que se faga algo
para adecentar este lugar emblemático do Carballiño e recuperar un lugar
que se atopa abandoado pola desidia dos nosos gobernantes
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/pena-dos-namorados-da-pena
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/pena-dos-namorados-da-pena
[3] whatsapp://send?text=A Pena dos namorados da pena http://copecarballino.es/denunciacidada/pena-dos-namorados-da-pena
[4] https://copecarballino.es/print/41877