Desenrolado por coroa.es
O pobo de Pazos de Arenteiro está indignado pola situación da Reitoral destinada a turismo rural, xa que en varias ocasións varios veciños chamaron para facer reservas e sempre a resposta é que está ocupada e a realidade é que alí moi rara vez se ve movimientos de clientes.
Dada esta situación o pobo está disposto a desprazarse en pleno a Turismo da Xunta de Galicia en Ourense e facer alí unha manifestación e non nos moveremos ata que algúen nos explique que é o que está pasando xa que sospeitamos que dadas as moitas influencias das que presumen alguén os está protexendo dende algunha institución autonómica.
Esto está perxudicando o pobo de Pazos de Arenteiro tanto economicamente como publicitariamente.
A empregada coa que contan vai abrir e atender as necesidades da casa tódolos días a pesar de non recibir clientes. Ainda así por parte da concesionaria Viñedos del Miño e Ininfer teñen xeralmente o xardín sen limpar, un muro de peche do mesmo sen arranxar dende hai máis de dous anos e as propiedades deles sen limpar o que ocasiona un gran perigo para o Conxunto Histórico Artístico se planta lume ao situarse ao carón das casas dos veciños. Ademais as súas vivendas particulares están estado de abandono creando unha mala imaxe para os moitos turistas que nos visitan de diferentes puntos de Galicia, España e mesmo internacionalmente. Estas casas teñen o tellado no chan e crecendo a maleza nas mesmas.
Os veciños non nos cansaremos de loitar para que se faga xustiza e lle quiten a casa e lla den a xente que realmente a poña en funcionamento
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/o-mal-uso-da-reitoral-de-pazos-de-arenteiro
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/o-mal-uso-da-reitoral-de-pazos-de-arenteiro
[3] whatsapp://send?text=O mal uso da reitoral de Pazos de Arenteiro http://copecarballino.es/denunciacidada/o-mal-uso-da-reitoral-de-pazos-de-arenteiro
[4] https://copecarballino.es/print/41883