Desenrolado por coroa.es
A avenida do Arenteiro, e máis concretamente, a área peatonal da mesma, vai ser ocupada durante sábado e domingo por un espectáculo de vehículos promovido por unha empresa privada. Descoñecendo se o Concello carballiñés cobra ou non algún aluger pola reserva deste espazo público, é totalmente inadmisible que unha única zona de paseo vedada ó tráfico no contorno do río e do Parque municipal sexa proibitiva perante a fin de semana para vecinos e visitantes que pasean e fan deporte cos seus fillos nesta tempada de verán. Mesmo cando a Biblioteca está pechada ou négase o Auditorio para actividades das asociación culturais da vila e na piscina municipal traballan ata fillos de concelleiros por conexión eléctrica.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/espazos-públicos
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/espazos-públicos
[3] whatsapp://send?text=Espazos públicos http://copecarballino.es/denunciacidada/espazos-públicos
[4] https://copecarballino.es/print/41887