Desenrolado por coroa.es
Son de Señorín e fai un par de anos e retornado de Suiza decidín invertir, comprar e vivir na rúa Alexande Bóveda, a uns metros do Concello, pasando por Flores. Cada vez que fago este camiño pensó no bonito que podía ser un barrio tan céntrico, vexo o abandono de hórreos, casiñas, pontillóns ; e tamén comprobó o esforzo que fan pouco máis de tres ou catro veciños por manter a orixinalidade das súas casas e balconadas de pedra e pensó o que farían gobernantes como os de Suiza cun enclave como este, con fontes, casas humildes pero antiguas. Por favor señores do Concello atendan, velen polo que podería ser un recurso turístico e recorden, coma min a nosa historia de panadeiras, labregos, tratantes, latoneiros, afiadores que foron seus antigos viciños e que eu coñecín e lembro dende a miña nenez. Ten o Carballiño colectivos e rapaces listos que deberían preocuparse por esto, como fan na Europa na que me fixen e me diu traballo de carpinteiro conservando casiñas labregas, como estas.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/máis-atención-ao-barrio-de-flores
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/máis-atención-ao-barrio-de-flores
[3] whatsapp://send?text=Máis atención ao barrio de Flores http://copecarballino.es/denunciacidada/máis-atención-ao-barrio-de-flores
[4] https://copecarballino.es/print/41898