Desenrolado por coroa.es
O PSdeG denuncia os incumprimentos de Marnotes cos operarios de Protección Civil, que volven a estar sen contrato e critica que o PP nin no Carballiño, nin na Deputación de Ourense nin na Xunta, sexa capaz de solucionar esta situación.
Os traballadores están fartos dos incumprimentos de Marnotes, quen se comprometeu en diversas ocasións a solucionar a súa situación sen que polo de agora se teña dado ningún resultado. De feito, os traballadores só estiveron contratados tres meses, estando o servizo o resto do ano a cargo dos voluntarios.
As falsas promesas do alcalde fai que os traballadores barallen a posibilidade de denunciar ao Concello por non ter arranxado a súa situación laboral.
O PSdeG insiste ademais na necesidade de solucionar esta situación non só polos operarios que desempeñan un traballo importantísimo, senón porque O Carballiño precisa ter cubertas as emerxencias.
De feito, neste Nadal produciuse un incendio no casco urbano que foi atendido polos operarios de Protección Civil, xa que o parque de bombeiros tamén é outra das promesas incumpridas de Marnotes.
Grupo municipal do PSdG-PSOE.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/o-psdg-denuncia-os-incumprimentos-do-alcalde-do-carballino-con-proteccion-civil
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/o-psdg-denuncia-os-incumprimentos-do-alcalde-do-carballino-con-proteccion-civil
[3] whatsapp://send?text=O PSdG denuncia os incumprimentos do Alcalde do Carballiño con Protección Civil http://copecarballino.es/denunciacidada/o-psdg-denuncia-os-incumprimentos-do-alcalde-do-carballino-con-proteccion-civil
[4] https://copecarballino.es/print/41933