Desenrolado por coroa.es
O portavoz do Grupo Municipal do PSdeG, Paco Fumega, mantivo onte un encontro con parte das traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar e coa súa representante sindical, a fin de escoitalas e apoialas nas súas demandas para que se cumpran os seus dereitos sociais e laborais que a empresa concesionaria do servizo está a incumprir sistemáticamente.
O PSdeG denuncia que o alcalde mentiu ao anunciar unha solución a esta situación, xa que segue sen convocar o concurso para adxudicar a xestión deste servizo, despois de que o pasado 5 de decembro rematase o contrato coa empresa Galaurea.
Naquel entón o alcalde comprometeuse a non renovarlle o contrato a esta empresa e a convocar un concurso para unha nova licitación. Mes e medio despois, non se redactou aínda o prego de condicións para dito concurso, polo que a mesma empresa segue encargándose da xestión e segue a incumprir as cláusulas laborais e sociais das traballadoras que estas levan denunciando moitos meses.
Así, segundo as queixas transmitidas polas afectadas, a representante sindical segue sen recibir notificación das altas, das horas que se traballan a maiores, e ademais de que, por exemplo en decembro, produciuse un novo retraso nos cobros dos salarios e que seguen traballando menos horas das que poderían, a pesar da súa disponibilidade para facelo. Marnotes comprometeuse a facelo, co cal segue a incumprir os seus compromisos e a mentirlle a estas traballadoras.
Os socialistas opuxéronse en todo momento á privatización deste servizo, e unha vez concedida a xestión á empresa Galaurea, defenderon en todo momento ás traballadoras ante os reiterados incumprimentos de dita empresa con elas.
De feito, o PSdeG esixiu a Marnotes en numerosas ocasións a rescisión do contrato coa empresa polos seus reiterados incumprimentos. Dita rescisión nunca chegou a producirse, e unha vez rematado o contrato no pasado mes de decembro, o Concello anunciou un concurso para unha nova adxudicación da que nada se volveu saber.
Por elo, o portavoz do PSdeG reiteroulle ás traballadoras o apoio do Grupo Municipal Socialista, como xa leva demostrado dende o inicio do conflicto, coa presentación de mocións e iniciativas para esixir a rescisión do contrato con esta empresa.
Esixen ao goberno de Marnotes solucións inmediatas para unha situación que o alcalde e a concelleira de Benestar seguen adiando no tempo, con escusas e aprazamentos que o único que fan é repercutir cada vez máis nos dereitos das traballadoras do servizo.
Grupo Municipal do PSdeG do concello do Carballiño.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/o-psdeg-denuncia-o-incumprimento-do-alcalde-do-carballino-coas-traballadoras-de-axuda
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/o-psdeg-denuncia-o-incumprimento-do-alcalde-do-carballino-coas-traballadoras-de-axuda
[3] whatsapp://send?text=O PSdeG denuncia o incumprimento do alcalde do Carballiño coas traballadoras de axuda no fogar http://copecarballino.es/denunciacidada/o-psdeg-denuncia-o-incumprimento-do-alcalde-do-carballino-coas-traballadoras-de-axuda
[4] https://copecarballino.es/print/41934