Desenrolado por coroa.es
O PSdeG esixe a inmediata apertura da Residencia do Cornuval e critica que Marnotes volve a incumprir os seus compromisos, xa que el mesmo propuxo un acordo plenario para aprobar a apertura das instalacións antes do 31 de decembro de 2014. Defenden ademais que a xestión da Residencia debe ser pública e apuntan que apoiaron a proposta de apertura de Marnotes no seu día descoñecendo a intención do alcalde de privatizar a xestión e reducir as prazas ofertadas.
Marnotes insulta á cidadanía todos os días coas súas mentiras e incumprimentos, xa que isto pasou co matadoiro, coa adxudicación do servizo de axuda a domicilio a unha nova empresa, cos contratos dos voluntarios de protección civil ou o parque de bombeiros, por poñer só algúns e exemplos.
Esiximos que deixe de dar largas e de burlarse da xente en todas estas cuestións, e no caso da Residencia do Cornuval, que cumpra co compromiso da súa apertura.
Os socialistas expresan ademais o total apoio á Plataforma en Defensa da Apertura e Xestión Pública da Residencia do Cornuval e continuarán demandando que as instalacións sexan públicas e que se oferten as 80 prazas previstas en lugar das 20 coas que Marnotes pretende abrir.
Grupo municipal socialista do concello do Carballiño.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/o-psdeg-denuncia-que-o-alcalde-incumpre-os-prazos-que-marcou-para-apertura-da
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/o-psdeg-denuncia-que-o-alcalde-incumpre-os-prazos-que-marcou-para-apertura-da
[3] whatsapp://send?text=O PSdeG denuncia que o alcalde incumpre os prazos que marcou para a apertura da residencia de maiores http://copecarballino.es/denunciacidada/o-psdeg-denuncia-que-o-alcalde-incumpre-os-prazos-que-marcou-para-apertura-da
[4] https://copecarballino.es/print/41937