Desenrolado por coroa.es
Veciños do concello de Piñor están cansados da situación de abandono e deixadez municipal do Alcalde de Piñor.
No lugar de Coiras, fai máis de 1 ano que se veu abaixo un muro provocando dificultades no acceso a parcelas e incluso dos vehículos e maquinaria agraria.
As rúas do pobo foron reparadas e a maquinaria que fixo a obra, golpeou en vaias ocasións contra o muro en cuestión, sendo chamados á orde por os veciños do pobo para que traballasen con máis precaución porque o muro se estaba vendo afectado e caería en calquera momento. Esta situación agravouse coas primeiras choivas do ano 2013 cando o muro se derrubou provocando o impedimentos e dificultades de acceso.
A situación foi posta en coñecemento do Alcalde de Piñor en reiteradas ocasións polos veciños afectados, comprometéndose ó arranxo do mesmo. Pero o arranxo do muro un ano despois aínda non chegou.
Os veciños vense na obriga de estar retirando as pedras que caen continuamente cos seus propios medios, sen que o Alcalde arranxe a situación ou pida responsabilidade á empresa.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/dos-vecinos-de-coiras-sobre-deixadez-do-alcalde-de-pinor
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/dos-vecinos-de-coiras-sobre-deixadez-do-alcalde-de-pinor
[3] whatsapp://send?text=Dos veciños de Coiras sobre a deixadez do alcalde de Piñor http://copecarballino.es/denunciacidada/dos-vecinos-de-coiras-sobre-deixadez-do-alcalde-de-pinor
[4] https://copecarballino.es/print/41959