Desenrolado por coroa.es
O partido popular do Carballiño non está dacordo coas declaracións que esta semana, o novo concelleiro de deporte e turismo Manolo Dacal, fixo na cadena de radio COPECARBALLIÑO, polo que nos vemos obligados a explicar e dicir a verdade sobre o que dito edil comenta e, en moitos casos MINTE.
Durante o mandato do partido popular no Carballiño, D. Manuel Dacal, non dudaba en afirmar que a festa do pulpo “faise soa”, cando agora recoñece que da moito traballo e que todas as áreas do concello teñen que arrimar o hombro para que salgan ben.
Este señor minte cando dice que no mes de xullo de 2014, o concello non organizou ningunha actividade, soamente coas culturais e deportivas que se promoveron, pedímoslle ao actual concelleiro que si non estivo no Carballiño no mes de xullo, alomenos se informe antes de falar, xa que se realizou un campamento urbán todo o mes, campionato de futbol 7 veterano na uceira do 2 ao 31 de xullo, a festa da auga o 11 e 12 de xullo, a VII semana grande para pequenos do 14 ao 18 de xullo, andaina a Madanela o 22 de xullo, campeonato de basket 3x3 do 21 ao 24 de xullo, concerto de Toro Loco Rock 23 de xullo e campionato de futbol 3x3 do 28 de xullo ao 31 de xullo.
Con respecto ao campionato de fútbol 8 na que os alevíns de segundo ano foron representar ao concello do Carballiño a Ermua, lamentamos que se lle olvidara dicir que cando foi nombrado concelleiro de deportes, a viaxe estaba totalmente organizada polo concello e gracias á colaboración dun pai, Manuel Cid Pan. Soamente se lembrou de dicir que o felicitaran a el pola imaxe dada.
A misma falta de memoria se lle nota cando dice que chegou e había anomalías na piscina. Debemos lembrarlle que o equipo de goberno anterior, para non toparse coas deficiencias que sí había en xuño de 2011 cando tomou posesión, decidiu completar o expediente da apertura da piscina, cos socorristas, mantemento, axardinamento e limpeza con antelación, por este motivo o día 15 de xuño, administrativamente a piscina estaba preparada para a súa apertura.
Finalmente, exiximos ao sr. Dacal que deixe de mentirlle aos país do equipo cadete que vai representar ao concello no campionato do Eixo Atlántico, pedíndolles que costeen unha viaxe institucional por 150€ por neno. En principio, díxolles que na área de deportes soamente quedaban 6.000€ en partida presupuestaria, o que non é certo. Despois dun comentario noso, rectificou e dixo que había 26.000€ pero que non os podía usar. No pleno do 6 de maio de 2015 no que él votou en contra, incrementouse unha partida de 20.000€ ao capítulo II (Actividades deportivas), non solo para poder costear esta actividade e outras que podan surxir se non para poder acometer os gastos dos contratos de servizo externos das escolas deportivas, que dende setembro ata decembro de 2014, tivera un coste de arredor de 6.000€, e este ano se preveía similar, e consiste na contratación externa de 3 monitores de fútbol, un de ximnasia e un de patinaxe. A partida do monitor de tenis xa se retivo en xaneiro para todo o ano 2015. Os restantes monitores, 6 de fútbol e 2 de fútbol sala, son contratacións do concello, polo tanto van dentro do capítulo I (Persoal laboral) e hai partida suficiente xa que os presupuestos están prorrogados dende 2012.
Dende o partido popular reiteramos na súa obriga de dicir a verdade e costear co presupuesto público unha actividade institucional do concello, e que perxudica claramente a 14 rapaces da escola de fútbol sobre todo tendo en conta que ainda non pasou unha semana na que un campeonato similar foi costeado totalmente polo concell o.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/do-partido-popular-sobre-mentiras-de-manolo-dacal-0
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/do-partido-popular-sobre-mentiras-de-manolo-dacal-0
[3] whatsapp://send?text=Do Partido Popular
[4] https://copecarballino.es/print/41994