Desenrolado por coroa.es
Faise un análise da Festa do Pulpo na súa 53 edición dende dentro da mesma, disfrutando da mesma como veciños e apoiándoa en todo momento, sendo tamén cada un dos concelleiros do Partido Popular, claros altavoces na súa promoción, incluso a través das redes sociais das actividades que se desenvolvían.
Esperamos que estas datas festivas no Carballiño, fosen un revulsivo importante para hosteleros, hoteleiros e comerciantes, pois ese é o principal obxetivo, compartido tamén co obxetivo lúdico de que tanto os veciños como os visitantes, sexan protagonistas da festa.
Queremos, non obstante, e toda vez que é unha festa que sempre debe de dar pasos hacia adiante, facer unha serie de observacións que consideramos se deben de ter en conta para poder correxir.
De inicio, decir que os carteis que se repartiron con motivo da festa, non tiñan impreso, tal como se fai dende o inicio da festa, o número da súa edición, polo que sería recomendable aínda agora, pasado o evento, facer unha serie de carteis ben impresos, para posibles coleccionistas e para que o concello garde alomenos o cartel correcto para o seu arquivo.
Débase de comentar, tamén, que esperábamos unha maior implicación da cidade da Coruña, en canto a que esta aportara algunha actividade complementaria á propia semana de festas. Tanto o anterior goberno do Carballiño como o da Coruña, tíñamos falado de esta posibilidade.
Moitos veciños consideraron un paso atrás a organización das xornadas gastronómicas, nas que non se lle diu a importancia que para moitas persoas ten, pois en canto á súa organización nin se respetaron horarios programados nin se fixo coa posta en escena e comodidades que para o público, que si se lles daba en edicións anteriores.
Respecto ao horario, este tamén foi motivo de modificacions nalgunha outra actividade, destacando a da Andaina, que se retrasou unha hora, sendo un inconvinte para os participantes, e que viron ademáis que non todos os tramos polos que camiñaron, estaban en bo estado de limpeza.
A organización do desfile que durante estes derradeiros anos se fixo ao carón do concurso das camisetas, simplemente foi un fracaso, pois algún grupo nin poido desfilar, o desfile desfíxose rápido pola falta de organización ao seu cargo, e non foi o acto lucido que tería que ser eqque a xente que estaba nas rúas do Carballiño, votou en falta e que desanimou a moitos participantes.
No recinto, na hora da comida, chámanos poderosamente a atención e sobre esto pediremos explicacions ao Concello, o feito de que operarios municipais de diversos departamentos, estiveran traballando ás ordenes da empresa cátering que cobra por este servicio. Facía moitos anos que non se veía esta imaxen de servilismo de persoal do Concello hacia unha empresa privada que ademáis cobra do propio concello polo servicio prestado, e coa autorización do equipo de goberno. Este feito é doblemente grave, xa que as persoas que sendo traballadores do Concello, estaban no recinto, cun fin concreto, pois son parte do protocolo de actuacións e seguridade marca como retén municipal para casos de ter que asistir a unha avería ou incidente organizativo de índoles diversos. De feito, mentras esto sucedía, na entrada do parque municipal, por onde pasan o 80% dos asistentes á Festa, estivo esparcido no xan escremento de cabalos facendo dificil o paso da xente e perxudicando aos postos ambulantes que alí estaban e que ademaís algún era de productos de alimentación.
Pero realmente parécenos grave o simple feito de que persoal do Concello, en horas nas que as súas funcions as PAGA o Concello, estén traballando para unha empresa que tamén paga o concello para o servicio de catering e todo esto diante dos nosos gobernantes.
Para nos a complicidade do equipo de goberno é total, pois o que sucedeu, poideron cortalo de raíz ali mesmo, e tamén é preocupante que unha desas persoas qie estaba a traballar sexa a quen está a organizar as festas patronais deste ano por encargo do propio concello, polo que pódese pensar en abuso de poder do goberno hacia os seus traballadores, aos cales, se lles debe de recomendar que cando se lles de unha orden de traballo para facer no seu horario, traballos para terceiros alleos ao Concello, se lles de por escrito, para saber así de quen é a responsabilidade final.
Outro feito que non gustou no recinto oficial e que non pasa dende que se fai por medio de contratación de empresa o servicio da comida é que os camareros pasen a bandexa pedindo propinas, que so se facía antigamente cando eran rapaces do pobo quenes servían.
Son estas cuestión que se deben de correxir, para que a nosa Festa que xa cumpliu 4 edicións de declaración de interese turístico nacional, camiñe hacia o seu recoñecemento de interese turístico internacional.
O Grupo do popular do Concello do Carballiño, sempre estará na procura da promoción da festa, pero vixilente a estas cuestións para que se corrixan.
En xeral, o que vimos foi unha clara intención do equipo de Goberrno de manter a semana da festa, festa que dicían “camiña sola”, restándolle importancia ao traballo que foi pasar a festa dun só día a un mínimo de 8 días, e que esperamos que no traballo que eles pasaron, vaia o recoñecemtno ao traballo que outros pasaron e que nunca recoñeceran ata o de agora.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/do-partido-popular-sobre-diversos-aspectos-organizativos-da-festa-do-pulpo
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/do-partido-popular-sobre-diversos-aspectos-organizativos-da-festa-do-pulpo
[3] whatsapp://send?text=Do Partido Popular sobre diversos aspéctos organizativos da Festa do Pulpo http://copecarballino.es/denunciacidada/do-partido-popular-sobre-diversos-aspectos-organizativos-da-festa-do-pulpo
[4] https://copecarballino.es/print/42005