Desenrolado por coroa.es
O Grupo Municipal do PSdeG critica o patético afán de protagonismo que está a amosar Argimiro Marnotes, que o leva a saltarse o protocolo institucional e a faltarlle o respecto aos demais grupos da corporación municipal ao acudir a eventos aos que non está convidado só para aparecer na foto.
A desesperación de Marnotes por acaparar o protagonismo levouno a colocarse xunto aos concelleiros do goberno socialista para saír en fotos cando non lle correspondía. Aconteceu por exemplo na tradicional foto que fan os cargos institucionais xunto a unha caldeira co pulpo no parque municipal o día da Festa do Pulpo, na que nunca aparecera un representante da oposición.
O mesmo pasou noutros eventos onde o habitual é que só estean presentes os membros do goberno municipal, pero nos que Marnotes non dubidou en aparecer pese a non estar invitado, por exemplo o día do récord da tapa do Pulpo.
Isto é unha falla de respecto ao actual goberno pero tamén aos outros grupos da corporación municipal, que non aparecen nos eventos que organiza o Concello a non ser que sexan invitados. Pola contra, presentouse xa en varias ocasións sen ser invitado e colocouse nas fotos como se formase parte do goberno, amosando que perdeu o norte e xa nin sabe o lugar que ocupa.
Parece que Marnotes aínda non asumiu que xa non é alcalde, xa que os cidadáns do Carballiño decidiron nas pasadas eleccións que non o querían no goberno senón na oposición.
Recomendámoslle a Marnotes que asuma o seu papel na oposición con dignidade, en lugar de amosar esta patética imaxe de desesperación por acaparar foto e titular a como dea lugar.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/do-psdeg-sobre-o-afan-de-protagonismo-do-exalcade-na-festa-do-pulpo
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/do-psdeg-sobre-o-afan-de-protagonismo-do-exalcade-na-festa-do-pulpo
[3] whatsapp://send?text=Do PSdeG sobre o
[4] https://copecarballino.es/print/42006