Desenrolado por coroa.es
Xa fai uns meses que mudou a corporación, e fixeran unhas promesas que xa se ve que rumbo levan. Na avda. de Compostela temos totalmente tapados os sumidoiros coas follas das árbores que, seguramente non debería de haber tan preto das aceras. Estas árbores taponan e deixan inservibles os sumidoiros próximos a rúa Piñor, que casualmente é donde se asolaga toda a rúa cando chove. O señor alcalde prometera que se ía a arranxar este problema , pero non só non se arranxa ( que xa se inundou dende que temos o novo goberno) senón que está este tramo aínda máis abandoado que antes , porque como lles comento, non pasa un triste empregado da limpeza por aquí dende hai moito tempo. Mellor dito sí que pasan , pero non sei para donde van , porque para arriba e para abaixo andan. O maís grave é que ven como está todo cheo de follas e de lixo e nin se dignan en limpalo ou polo menos comunicalo a quen corresponda. Esperemos que cumplan coa súa palabra e arranxen isto porque cando chova esto vai ser un desastre. Entre que desborda todo e que os sumidoiros están atascados Deus nos colla confesados. Limpen os barrios e non so o fociño diante do concello , que pagar pagamos igual que os demais. E non estaría de mais que obrigaran a manter limpas as fincas e podar ou cortar as árbores que son máis propias de monte que de casco urbán. Gracias.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/para-conecemento-do-excmo-concello-do-carballino
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/para-conecemento-do-excmo-concello-do-carballino
[3] whatsapp://send?text=Para coñecemento do Excmo. concello do Carballiño http://copecarballino.es/denunciacidada/para-conecemento-do-excmo-concello-do-carballino
[4] https://copecarballino.es/print/42038