Desenrolado por coroa.es
Parece ser, según as decalracións do Alcalde de Maside, que o proxecto da planta de neumáticos é totalmente inocuo. Tamén dí que se trata de reciclaxe puro e duro.
Os neumáticos fora de uso recíclanse e consíguese producto para diversos usos tales coma campos de fútbol de herba artificial, novos asfaltados de calidade en carreteras, calzado, impermeabilización, canchas deportivas, suelos de seguridade para parques infantís, etc.
O que non di o Sr. Alcalde, é que esta empresa chamada RGS2, que ven dende Ciudad Real, e pretende instalarse nun monte veciñal en man común, non se dedica a eso, nin por asomo. O que non di o Sr. Alcalde é que a propia empresa manifesta que a súa actividade é a VALORIZACION ENERXETICA, utilizando un sistema pirolítico. O que tampouco di o Alcalde, é que o que fan é someter ás rodas a 500 grados de temperatura, co que consiguen extraer hidrocarburos, negro de fume e gas procedente das mesmas rodas, e por suposto tampouco dí que ese gas que sale das rodas se queima in situ na propia planta para aproveitar o calor da combustión.
Chamemos as cousas polo seu nome a Valorización enerxética está definida como incineración no artigo 17 do Reglamento de Emisións Industriales, e o propio Parlamento Europeo, na súa directiva 98/2008 distingue claramente a valorización enerxética da reciclaxe.
Así que por favor, que non nos vendan motos. De reciclaxe nada de nada
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/reciclaxe-ou-valorización-enerxética
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/reciclaxe-ou-valorización-enerxética
[3] whatsapp://send?text=Reciclaxe ou Valorización Enerxética http://copecarballino.es/denunciacidada/reciclaxe-ou-valorización-enerxética
[4] https://copecarballino.es/print/42046