Desenrolado por coroa.es
Coa absoluta intención de evitar polémicas inútiles, publico neste espacio que se nos brinda dende a Cope.
Chámome Carlos Brenlla Alvarez e dende a Plataforma quixera agradecer a tódolos veciños que comparten a nosa postura, o seu apoio. Tamén ó que pubica coa cabeceira COMPLICE CULPABLE. Sólamente lle podo poñer un pero.
Non son eu quen de afear a conducta de ninguén, e menos dun veciño sin embargo non me parece ben que se fagan alusións ós veciños de Bouzas, e menos os seus recursos intelectuáis e académicos, recursos que eu por certo descoñezo e cuio nivel coido que é irrelevante niste tema. Estes señores tamén son veciños nosos. Personalmente podo cedir que os coñezo de toda a vida e que manteño con eles un trato cordial, e sinceramente non penso que sexan ningunhos coitadiños. Outra cousa é que poidan estar equivocados, desinformados, ou incluso mal aconsellados neste asunto en concreto. Pensamos que a instalación da incineradora sería perxudicial tamén para estes veciños. Eles pensan que non. Perfecto. Cada un defende a súa posición niste tema da maneira que estima oportuno. A intención da Plataforma é abordar a cuestión da incineradora de forma razonable, cordial, en cun escrupuloso respeto ás personas que pensan de maneira distinta.
En todo caso reitero o agradecemento a tódalas personas que nos apoian.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/sobre-conductas-e-opinións-en-maside
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/sobre-conductas-e-opinións-en-maside
[3] whatsapp://send?text=Sobre conductas e opinións en Maside http://copecarballino.es/denunciacidada/sobre-conductas-e-opinións-en-maside
[4] https://copecarballino.es/print/42049