Desenrolado por coroa.es
Pois parece ser que o reciclaxe non era tal. Máis ben resulta ser incineración, eso sí nun forno pirolítico, claro.
Toda esta polémica da incineradora de neumáticos, confirma o dito de que non hai mal que por ben non veña, pois se o mal sería a instalación da planta, o ben, para a comarca do Carballiño é o coñecemento que levamos adquirido sobre a famosa "pirólisis", curiosa e caprichosa palabra por outra banda, aínda que etimolóxicamente íntimamente relacionada con queimar.
Quizás as zonas económicamente deprimidas coma a nosa provincia, non teñan outro sino no seu avance industrial que acabar sendo o vertedeiro de resíduos, composts, lixos, rodas e outros incómodos refugallos.
Ben é certo que os resíduos que produce a nosa sociedade presuntamente avanzada, hai que xestionalos dalgunha maneira, evitando que as especies endémicas dos nosos montes sexan, entre outras, o toxo, a xesta, a lavadora e a roda abandoadas.
Pero o que é un feito obxetivo é que non se pode construir unha incineradora no medio do monte de calquer maneira e perxudicando á poboación, porque estamos a falar precisamento de eso: Incineración... con toda a pirólisis que se queira, pero Incineración.
O que xa empeza a ser sorprendente, e moito, é que os responsables municipáis de Maside, manteñan esa empecinada insistencia en levala ó seu concello. Lembremos que xa foi rexeitada nunha ocasión polos veciños, e volven á carga.
Unha das consecuencias desta insistencia, é a lóxica sospeita que se empeza a extender pola poboación de que hai intereses, digamos extraños, pois de outra maneira non se entende que o pueblo non queira a incineradora, e o Concello siga erre que erre. Vamos, que como o da tele... aquí hai tema... pero vamos.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/don-erre-que-erre
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/don-erre-que-erre
[3] whatsapp://send?text=Don erre que erre http://copecarballino.es/denunciacidada/don-erre-que-erre
[4] https://copecarballino.es/print/42058