Desenrolado por coroa.es
Dende as dez e media desta mañá de sábado, 25 de abril, xa quedou definitivamente aberto ó tráfico o derradeiro treito da autoestrada Santiago-Ourense, o que vai desde Ariz de San Facundo de Cea atá a autovía das Rias Baixas, de 14 kilómetros de percorrido, e no que os automobilistas se atoparán con dous grandes viaductos, que resultaron dunha gran complexidade na súa obra de construcción e que retrasaron a apertura deste treito durante varios meses. O de máis lonxitude, 780 metros, construído sobre o val do río Barbantiño, tén unha altura de 80 metros. O segundo viaducto en extensión, de 440 metros, sirve para salvar o río Miño e enlaza esta autoestrada de Santiago coa Autovía Estatal das Rias Baixas. Este treito agora aberto ó tráfico completa a autoestrada autonómica que arranca en Dozón, libre de peaxe. A Consellería do Territorio e Infraestructuras da Xunta de Galicía ordenou a apertura ó tráfico deste treito, sen ningún acto de inauguración.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xa-pode-circularse-entre-ariz-de-s-facundo-de-cea-e-ourense-través-da-autoestrada
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xa-pode-circularse-entre-ariz-de-s-facundo-de-cea-e-ourense-través-da-autoestrada
[3] whatsapp://send?text=Xa pode circularse entre Ariz de S. Facundo de Cea e Ourense, a través da autoestrada http://copecarballino.es/novas/xa-pode-circularse-entre-ariz-de-s-facundo-de-cea-e-ourense-través-da-autoestrada
[4] https://copecarballino.es/print/42109