Desenrolado por coroa.es
Todas as fontes consultadas coinciden en apuntar un notable descenso na participación na Xuntanza de Maiores celebrada hoxe no Carballiño, en relación ás edicións dos últimos anos. A asistencia nin xiquera cumplíu coas previsións oficiais aportadas desde a Xunta de Galicia, que eran no transcurso da semana entre as vintecinco e as trinta mil persoas, quedandose bastante lonxe desas cifras, xa que probablemente non se pasou dos quince mil participantes na convocatoria deste ano. O descenso na afluencia era visible no parque e nos seus arredores, tanto no propio recinto da festa como na zona de aparcamentos para vehículos e autocares, e tamén nos comedores dos restaurantes carballiñeses, abarrotados o ano pasado e con escasa presencia de comensais nesta ocasión. Tamén os posto de polbo e comida no parque muncipal confirmaron este mesmo descenso de público nesta Xuntanza, e a maioria coincidía en manifestar que "non hai nin a metade da xente do ano pasado", daquéla as cifras de participación situaranse arredor das corenta mil persoas e o abarrote fora total na hostelería carballiñesa, que está a rexistrar hoxe unha discretísima xornada en canto a ocupación. A que non fallou foi a numerosa asistencia institucional e de autoridades e representacións políticas. O Alcalde do Carballiño Carlos Montes, recibía á unha da tarde na entrada do parque municipal á Conselleira de Traballo e Benestar Beatriz Mato, á que acompañaba o Delegado Territorial na provincia Rogelio Martínez e titulares de varias Direccións Xerais.Na súa intervención, a Conselleira anunciou a implantación de centros de dia nos Concellos de maís de 1.500 habitantes. Xa na sobremesa, comparecía o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, na que foi a súa primeira visita institucional á Comarca do Carballiño desde que foi investido como Presidente do executivo galego.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xuntanza-de-maiores-rexistra-un-notable-descenso-de-participacion-apenas-reune-quince-mil
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xuntanza-de-maiores-rexistra-un-notable-descenso-de-participacion-apenas-reune-quince-mil
[3] whatsapp://send?text=A Xuntanza de maiores rexistra un notable descenso de participación, apenas reune a quince mil persoas no Carballiño http://copecarballino.es/novas/xuntanza-de-maiores-rexistra-un-notable-descenso-de-participacion-apenas-reune-quince-mil
[4] https://copecarballino.es/print/42195