Desenrolado por coroa.es
A millón e medio de euros ascende orzamento ordinario do Concello de Maside para o ano 2009, que aprobou esta mañá o pleno da corporación muncipal e cos votos favorables do grupo socialista, mentres o partido popular votou en contra. Casimiro Campo, o portavoz dos populares lamentou que non se conte co seu grupo para acadar unhos orzamentos de consenso. A oposición tamén votou en contra da aprobacióin dos estautos que rexirán o consorcio dos Concellos de Maside, Piñor, Punxín, Carballeda de Avia e Cortegada, que se encargará da xestión do lixo no ámbito muncipal dos respectivos Concellos. O Alcalde, Celso Fernández ven defendendo que a adhesión do Concello de Maside a este consorcio será moi positivo para a economía muncipal porque entende que "se aforrarán costes e melloraráse a xestiíon da recollida do lixo".Opinión ben distinta é a que mantén o partido popular, que por medio de Casimiro Campo ven manifestando o seu rexeitamento á constitución deste consorcio, xa que "Maside debería continuar formando parte da Mancomunidade do Carballiño e non embarcarse en aventuras de moi dubidosa viabilidade"
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-maside-contará-cun-orzamento-ordinario-de-millón-e-medio-de-euros-para-este-ano
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-maside-contará-cun-orzamento-ordinario-de-millón-e-medio-de-euros-para-este-ano
[3] whatsapp://send?text=O Concello de Maside contará cun orzamento ordinario de millón e medio de euros para este ano http://copecarballino.es/novas/o-concello-de-maside-contará-cun-orzamento-ordinario-de-millón-e-medio-de-euros-para-este-ano
[4] https://copecarballino.es/print/42200