Desenrolado por coroa.es
Dous veciños de Ourense, Héctor V.V. e Enríque V.G., de 29 e 23 anos de idade respectivamente, foron detidos hoxe nunha operación levada a cabo pola Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta da Comisaria Provincial de Ourense, como presuntos autores dos sucesos ocurridos durante a fin de semana, cando varios automóbiles que circulaban por estradas das comarcas do Carballiño e O Ribeiro foron apedreados, sufrindo desperfectos e rexistrandose unha persoa ferida. Ós dous detidos impútaselles un delito de danos e seguridade contra o tráfico. No momento da súa detención, no vehículo que ocupaban, ocultaban varias pedras e petardos, polo que se supón que tiñan intención de seguir coa súa sinistra actividade delitiva. De feito, a detención foi posible despois de chamadas que alertaron á policia de que estaban sendo apedreados algunhos vehículos nas inmediacións da cidade de Ourense, polo que se intensificaron os controis policiais e, finalmente, puderon interceptar o vehículo na rúa Progreso de Ourense. A Policia ten fondas sospeitas de que ambos detidos sexan os mesmos que protagorizaron idénticos feitos durante a pasada fin de semana, xa que "o modus operandi" era o mesmo, "apedrear coches tanto aparcados coma en circulación, causando os conseguintes danos materiais e, o máis grave, causando un gran perigo para a seguridade no tráfico"
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/detidos-dous-vecinos-de-ourense-como-presuntos-autores-dos-apedreamentos-vehiculos-nas
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/detidos-dous-vecinos-de-ourense-como-presuntos-autores-dos-apedreamentos-vehiculos-nas
[3] whatsapp://send?text=Detidos dous veciños de Ourense, como presuntos autores dos apedreamentos a vehículos nas estradas da Comarca http://copecarballino.es/novas/detidos-dous-vecinos-de-ourense-como-presuntos-autores-dos-apedreamentos-vehiculos-nas
[4] https://copecarballino.es/print/42221