Desenrolado por coroa.es
(Redacción. Belén González) Doce rapaces desfrutarán durante unha semana no Campamento Xuvenil Espiñeira, en Boiro (A Coruña). A actividade terá lugar entre os días 2 e 9 de agosto; a saída terá lugar o día 2 dende o colexio Nosa Señora de Xuvencos despois do mediodía e coa chegada ás 18.00 horas. O día 9, será o día de volta e chegarán a Boborás ó redor das 20.00 horas. Tódolos rapces que asistan irán acompañados por dous monitores que posúen a titulación en materia de tempo libre. Eles serán os encargados de fomentar entre os rapaces a convivencia, o respeto e demáis actitudes que son imprescindibles para o desenrolo da persoa. Ademáis tamén realizarán actividades como obradoiros de artesanía, reciclaxe, xogos e moitas máis cousas que non deixarán que se aburran. O custe desta actividade é de 45 euros por asistente, dos cales o Concello subvencionará o 50%, mentres que o participante terá que por 22,5 euros.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-campamento-xuvenil-espineira-en-boiro-recibira-o-dia-2-de-agosto-12-rapaces-do-concello-de
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-campamento-xuvenil-espineira-en-boiro-recibira-o-dia-2-de-agosto-12-rapaces-do-concello-de
[3] whatsapp://send?text=O Campamento Xuvenil Espiñeira, en Boiro, recibirá o día 2 de agosto a 12 rapaces do Concello de Boborás http://copecarballino.es/novas/o-campamento-xuvenil-espineira-en-boiro-recibira-o-dia-2-de-agosto-12-rapaces-do-concello-de
[4] https://copecarballino.es/print/42226