Desenrolado por coroa.es
A Concelleira de Cultura do Carballiño, Inmaculada Ucha, deu a coñecer as dificultades coas que está a afrontar a organización das Xociviga na súa edición para este verán do 2009, xa que a estas alturas do ano está pendiente a finaciación para o certame cinematográfico carballiñés. Dunha banda, os cámbeos na Xunta de Galicia levaron a Dirección Xeral do Audiovisual a deixar sen efecto as convocatorias polas que se subvencionaban este tipo de festivais, e dentro da política de austeridade e recorte de gastos que veñen anunciando os novos responsables autonómicos. Asi e todo, a Concelleira asegurou que a Xunta está "en predisposición de contribuir a financiar as Xociviga´" a través de axudas que espera recibir por medio da Seretaría Xeral de Medios. O mesmo acontece coa petición de axuda tramitada polo Concello do Carballiño ante o Ministerio de Cultura, ón de o cámbeo do seu titular, tamén motivou a tardanza na resposta á solicitude presentada para as Xociviga. Asi as cousas, e de non concretarse estas axudas, as Xornadas de Cine que veñen celebrandose no Carballiño desde a década dos oitenta do século pasado terían moitos problemas para completar a súa financiación e poder levar a cabo a programación prevista. De todas as maneiras, a concelleira amosouse optimista e confia en que o programa cinematográfico poida desenvolverse a finais de agosto, tendo ademáis como aliciente a estrea das novas equipacións das que foi dotado o auditorio do Carballiño para acoller proxecións cinematográficas.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xociviga-deste-ano-con-problemas-pola-falla-de-orzamento-para-súa-organización
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xociviga-deste-ano-con-problemas-pola-falla-de-orzamento-para-súa-organización
[3] whatsapp://send?text=As Xociviga deste ano, con problemas pola falla de orzamento para a súa organización http://copecarballino.es/novas/xociviga-deste-ano-con-problemas-pola-falla-de-orzamento-para-súa-organización
[4] https://copecarballino.es/print/42228