Desenrolado por coroa.es
(Redacción. Belén González) A vítima do accidente corresponde coa identidade de Abel García Gulías de 26 anos e veciño de O Carballiño. O mozo, que viaxaba só en dirección a Ribadavia, faleceu practicamente no acto do accidente despois de adiantar a varios coches nas inmediacións de Gomariz, á altura da pista de frenado. Pasadas as 22.00 horas tiña lugar o sinistro na estrada OU-504, estrada que une Ribadavia con Cea -coñecida tamén como eixo de O Ribeiro-. Nun dos adiantamentos o mozo perdeu o control do vehículo, chocou contra o lateral dereito da estrada e envorcou varias veces. O automobil foi valorado como sinistro total. O funeral terá lugar mañá martes día 11, ás 19.00 horas no templo da Veracruz e logo recibirá sepultura no panteón familiar da Igrexa Parroquial de Arcos.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/un-accidente-de-trafico-acabou-coa-vida-dun-mozo-carballines-de-26-anos-nas-inmediacions-de
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/un-accidente-de-trafico-acabou-coa-vida-dun-mozo-carballines-de-26-anos-nas-inmediacions-de
[3] whatsapp://send?text=Un accidente de tráfico acabou coa vida dun mozo carballiñés de 26 anos nas inmediacións de Gomariz, na estrada 0U-504 http://copecarballino.es/novas/un-accidente-de-trafico-acabou-coa-vida-dun-mozo-carballines-de-26-anos-nas-inmediacions-de
[4] https://copecarballino.es/print/42239