Desenrolado por coroa.es
(Redacción. Belén González) O Concello de Boborás organiza unha excursión lúdico-cultural a Cantabria os días 12 e 13 de setembro. A saída da viaxe terá lugar o sábado día 12 ás 05.00 da madrugada dende o Colexio Público de Boborás con parada en Santilla do Mar. Haberá unha visita guiada para coñecer a cicdade e para visitar unha réplica das Covas de Altamira, posto que as orixinais están pechadas ó público para evitar o seu deterioro.Ó rematar o día, os asistentes cearán no hotel. O domingo día 13, despois de almorzar, os excursionistas pasarán a mañá no Parque Natural de Cabárcenos, onde poderán ver un fantástico paraíso natural e variedade de especies animais. O xantar celebraráse no hotel e tras a comida viaxarán ata Comillas para coñecer a cidade. O custe da viaxe é de 50 euros -o Concello de Boborás subvenciona o 50% da viaxe- para as persoas empadroadas e para aqueles que non o están, a excursión costará 100euros. O prezo inclúe ida e volta, aloxamento, almorzo no hotel, xantar e cea o sábado e xantar do domingo ademáis das visitas guiadas e do seguro da viaxe. Os interesados poden inscribirse na Casa Consistorial de Boborás ata o 4 de setembro.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-boboras-organiza-unha-excursion-ludico-cultural-cantabria-os-dias-12-e-13-de
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-boboras-organiza-unha-excursion-ludico-cultural-cantabria-os-dias-12-e-13-de
[3] whatsapp://send?text=O Concello de Boborás organiza unha excursión lúdico-cultural a Cantabria os días 12 e 13 de setembro http://copecarballino.es/novas/o-concello-de-boboras-organiza-unha-excursion-ludico-cultural-cantabria-os-dias-12-e-13-de
[4] https://copecarballino.es/print/42256