Desenrolado por coroa.es
A aula “Conectad@s ó Mundo”, da Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense, sita no Centro Sociocomunitario de Carballiño da remate nesta semana ós cursos de verán impartidos dende o mes de xuño, no que a formación estivo dirixida a introdución en internet, utilización do chupete ou Pen driver e manexo de messenger con video-conferencias para persoas adultas. O acceso libre a aula tanto de adultos como nenas/os cun total de 79 usuarios dende finais de xuño ata a data; foi tamén de utilidade vacacional por parte de persoas en situación de paso na vila, visitada por persoas de Madrid, Asturias, e Barcelona. A partir do mes de outubro as nenas/os previamente inscritos comezan a formación en horario de 18:00 a 19:00 horas; no caso das/os usuarias/os adultos o comezo dos cursos terá lugar a partir da 2ª semana de outubro, en horarios de maña e tarde para formación orientada e con horarios de acceso libre programados. As actividades de Ludoteca e Yoga, terán continuidade tendo no caso de esta última que realizar unha preinscripción durante o mes de setembro.
Para estar o día das actividades tamén poden acceder o blog: www.blogoteca.com/conectadas [5]
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/femuro-organiza-novas-actividades-no-carballiño
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/femuro-organiza-novas-actividades-no-carballiño
[3] whatsapp://send?text=Femuro organiza novas actividades no Carballiño http://copecarballino.es/novas/femuro-organiza-novas-actividades-no-carballiño
[4] https://copecarballino.es/print/42281
[5] http://www.blogoteca.com/conectadas