Desenrolado por coroa.es
A medida vaise acometer de forma inmediata e xa a partir da semana que ven, e consistirá no apagado das iluminacións públicas entre as 2:30 e as 6:30 da madrugada, e prolongaráse con este mesmo horario durante os meses de inverno. Desta maneira, O Concello de Boborás -asi o cuantificou o Alcalde Cipriano Caamaño nunha interveción nesta emisora de radio- pasará a aforrar aproximdamente cincuenta mil euros o ano, que se investirán no mantemento e melloras doutros servizos públicos, sobre todo nos relativos á area social. Esta medida, en todo caso, terá carácter experimental e mentres perdure a situación de crise económica na que estamos inmersos, e que afecta directamente á economia municipal. Ademáis, Caamaño tamén aclarou que o Concello de Boborás está aberto a estudiar posibles suxerencias ou alternativas que poden presentar os veciños, entrer elas, a posiblidade de deixar encendidas as iluminacións, mantendo acesas de cada dúas ou tres luces, unha. A medida levaráse a cabo en todas as localidades do Concello de Boborás, sen excepción algunha.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/medida-pioneira-o-concello-de-boboras-apagara-iluminacions-publicas-entre-230-e-630-da
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/medida-pioneira-o-concello-de-boboras-apagara-iluminacions-publicas-entre-230-e-630-da
[3] whatsapp://send?text=Medida pioneira: O Concello de Boborás apagará as iluminacións públicas entre as 2,30 e as 6,30 da madrugada http://copecarballino.es/novas/medida-pioneira-o-concello-de-boboras-apagara-iluminacions-publicas-entre-230-e-630-da
[4] https://copecarballino.es/print/42282