Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > O Pobo de Arenteiro celebra as Festas da Peregrina, suspendidas o pasado dia 13 pola morte dunha veciña

23, Setembro 2009 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Un feito insólito na historia festiva da nosa Comarca, o que acontecía este ano na localidade de Arenteiro, na parroquia de Barrán, ónde as festas na honra á Virxe Peregrina quedaban suspendidas en plena celebración o pasado domingo día 13, tras decidilo asi a Comisión de Festas, e como sinal de luto e condolencia pola morte repentina dunha moza de 32 anos de idade, veciña da parroquia, unha morte que deixou conmocionada á veciñanza e que motivou a suspensión do programa festivo. Agora, tras as negociacións da Comisión coas orquestras, as festas reanudanse este xoves 24 de setembro cunha verbena que estará amenizada por "América S.L.", e continuarán o venres 25 coa festa e verbena na que alternarán o grupo "Aramio" e a orquestra "Os Satélites". Éstas da Peregrina no Arenteiro son, xunto as da Milagrosa no Reino, as festas festas máis representativas do Concello de Piñor.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/o-pobo-de-arenteiro-celebra-festas-da-peregrina-suspendidas-o-pasado-dia-13-pola-morte-dunha

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-pobo-de-arenteiro-celebra-festas-da-peregrina-suspendidas-o-pasado-dia-13-pola-morte-dunha [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-pobo-de-arenteiro-celebra-festas-da-peregrina-suspendidas-o-pasado-dia-13-pola-morte-dunha [3] whatsapp://send?text=O Pobo de Arenteiro celebra as Festas da Peregrina, suspendidas o pasado dia 13 pola morte dunha veciña http://copecarballino.es/novas/o-pobo-de-arenteiro-celebra-festas-da-peregrina-suspendidas-o-pasado-dia-13-pola-morte-dunha [4] https://copecarballino.es/print/42296