Desenrolado por coroa.es
Un cativeiro Arenteiro, como cativeiro foi o partido, logrou traer os tres puntos para o Carballiño. Os verdes fixeron desta vez da necesidade unha virtude e malia as numerosas baixas no equipo titular, aprobeitaron as contadas ocasións e primeiro Fran, e despois Martín, e xa a once minutos para o final Diego Soto, conseguiron os tres goles para neutralizar os dous marcados polos cambadeses. Un partido gris, igual que a tarde, o visto no campo de Burgans e ante un Cambados que moito terá que traballar se quere manter a categoria. Mentres, o Arenteiro, case con un equipo de circustancias, tivo desta vez a sorte de cara e conseguíu unha victoria que lles permite os verdes seguir a estela de Porriño, o líder a catro puntos, e o Estradense, segundo clasificado do que o Arenteiro se sitúa a ún punto ocupando a terceira posición na táboa clasificatoria, e aínda a tiro deses dous primeiros postos que dan dereito ó ascenso á terceira división. Claro que se ese fose o obxetivo, este Arenteiro tén moitísimo que mellorar.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/en-cambados-o-mellor-para-o-arenteiro-o-resultado-2-3
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/en-cambados-o-mellor-para-o-arenteiro-o-resultado-2-3
[3] whatsapp://send?text=En Cambados, o mellor para o Arenteiro, o resultado (2-3) http://copecarballino.es/novas/en-cambados-o-mellor-para-o-arenteiro-o-resultado-2-3
[4] https://copecarballino.es/print/42344