Desenrolado por coroa.es
A praza maior de Cea acollerá o vindeiro sábado 28 de novembro o que será, seguramente, o derradeiro gran magosto popular deste ano na nosa Comarca. E é que, tal como ven sendo xa habitual nos últimos anos, o Concello de San Cristovo de Cea ven retrasando a celebración desta festa ós últimos dias de novembro. Para esta ocasión, contaráse con música en directo, a animación estará a cargo dun dúo musical, e a festa faráse baixo carpa, asi que non haberá problemas coa meteoroloxía. O menú prrevisto será a base de empanada, chourizos asados con pan, queique, castañas, viño e auga, e os bonos que terán un coste de 5 euros por persoa poden retirarse atá o dia 25 na casa do Concello de San Cristobo de Cea.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-cea-organiza-o-seu-gran-magosto-popular-o-28-de-novembro
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-cea-organiza-o-seu-gran-magosto-popular-o-28-de-novembro
[3] whatsapp://send?text=O Concello de Cea organiza o seu gran magosto popular o 28 de novembro http://copecarballino.es/novas/o-concello-de-cea-organiza-o-seu-gran-magosto-popular-o-28-de-novembro
[4] https://copecarballino.es/print/42354